Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A carretera

lunes, 11 de junio de 2007
Eu pensaba que só era cousa da Porta de Cima, pero tamén os da Praza consideraban a “Carretera” un mundo aparte. A “Carretera” tiña o seu centro na grande árbore da Pravia, e chegaba desde As Fontiñas ata o Campo de Puente.

Di Bernardo García Cendán que para ir á carretera había que vestirse case de festa, e non como se andaba a cotío. Porque a grande ventaxa dos que viviamos na Porta de Cima era chegar á Praza (e á Igrexa, e á Escola), sen tráfico, xa que non pasaban coches polos nosos dominios. E poder ir “de diario”, por similitude de ambientes.

Aparte da vestimenta, onde máis se notaba o cambio era no idioma.

Entre nós, xente labrega, o idioma habitual era o galego e aínda que os nosos pais nos criaban nun forzado castelán, as cousas co tempo volveron ó seu.

Na carretera estaba o Concello, o Rexistro, o Xulgado, a Notaría, o Casino… O idioma lóxico, o castelán. Alí vivía xente dedicada ó comercio, á administración, á hostelería ou a vivir de rendas. De pequeno, para min era unha rúa inmensa, chea de vida, en contraste coas vellas fotografías que a amosaban arborada e tranquila. Hoxe segue a ser a primeira vía do noso pobo.
Lembro nela dous incendios que a encheron de público expectante vendo as chamas consumir os edificios. Un, o comercio existente –patio por medio- ó lado do Hotel Chao; o outro, nunha zapatería á beira do Casino. Este último, dous días despois aínda fumeaba.

A via de acceso natural á “carretera” era a que subía por Correos ou –se a distancia o aconsellaba– o calexón de frente á Fonte, que remataba xunto á casa de Anxel Rego, de onde saían os coches para As Pontes.

A miña lembranza recorda o abano comercial que comeza nos Marios (antes había alí unha ferretería), seguía coa librería, os coches de Ribadeo, os Anduriñas, a Droguería, o Bar Roca, o Fornos..,., e así ata conformar a gran superficie comercial da Carretera, onde había de todo sen ter que cruzar.

Cruzar sendo pequeño era unha aventura. A pesar de que os nenos estabamos perfectamente avisados de que moito coidado cos coches, eu estiven a piques de ser atropelado nos Catro Camiños, ó pé da serra do Barrosa onde traballaba o meu pai. Ó sair, crucei sen mirar cando viña un taxi monumental, que por milímetros non me levou por diante. Entereime polos berros dos presentes.

Pero esa é outra “carretera”. A que hoxe nos ocupa cruzaba Vilalba como se un coitelo xigantesco cortase en dous o pobo. Alí, si que mirabamos atentos.

Hoxe o trazado de estradas complicouse, e máis que o fará. As novas serán mellores, pero só serán estradas.

Esta nosa nunca será estrada nin rúa normal. Por riba da normativa e do tempo, sempre será a “Carretera”, a nosa Diagonal, o noso Cantón, a nosa Gran Vía.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O custo de ser vello: Andan os cataláns medio revoltos polo tema da financiación autonómica, loita...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información