Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para que no Goberno recuperen a Memoria Histórica

jueves, 17 de agosto de 2017
San José de Cupertino Intercede polos que teñen moita dificultade na MEMORIA HISTORICA... en especial polo PAZO DE MEIRÁS.

San José de Cupertino foi un relixioso franciscano que posuía escasa aptitude para aprender, foi admitido como irmán lego; e logo foi preparado para o sacerdocio, pero era dese tipo de persoas que cando ía presentar exames todo se lle esquecía, e non era capaz de responder.

É por iso que o noso santo é o patrón dos especialmente dos que, como o Goberno, atopan dificultades na sua MEMORIA.

Oración Inicial

Gloriosísimo San José de Cupertino, patrono dos que no teñen memoria, non despreces as súplicas que che diriximos implorando o teu auxilio para que iste goberno non perda a memoria histórica . Alcánzame do Señor que, como verdadeira fonte de luz e sabedoría, disipe as dúas clases de tebras do seu entendemento, os mortos por loitar por seus dereitos e a ignorancia, instruíndo a miña lingua e difundindo nos meus beizos a graza da súa bendición. Dáme agudeza para entender, capacidade para reter, método e facultade para aprender, sutileza para interpretar os acontecementos da historia, graza e abundancia para falar, acerto ao empezar, dirección ao progresar e perfección ao acabar, si así convén á maior gloria de Deus e provecho da miña alma. Amén.

? Oración Final (Rezala logo das meditaciones de cada día)

Amable protector meu, San José de Cupertino, o estudo frecuentemente resúltame difícil, duro e aburrido. Ti podes facermo fácil e agradable. Ti que fuches singularmente favorecido por Deus para superar as dificultades do estudo e das preocupacións dos exames, implora ao Espírito Santo que ilumine a miña mente e fortalezca a miña memoria na procura da súa verdade e a sabedoría. Axúdame especialmente nos momentos decisivos de todo tipo de proba, protéxeme do esquecemento e a ansiedade inquietante que a miúdo me afectan. Amén.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES