Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

miércoles, 16 de agosto de 2017
Pingas de orballo
O día de Baños de Molgas

Xa poden caer as festas de Baños de Molgas no mes de xullo ou no mes de xaneiro, xa pode saír petróleo polo cano da burga, xa pode aterrar un extraterrestre no campo de fútbol da Chaira ou xa pode dar un concerto Barbra Streisand na Pitediña que o auténtico, o verdadeiro día especial para a miña vila é o día 6 de agosto, o día de San Salvador, o patrón de Baños de Molgas. Xa pode incluso a Virxe dos Milagres asomar na miña vida o 8 de setembro que o día 6 de agosto segue a ser especial. É o patrón de Baños de Molgas! Cada vez son menos crente, pero este día non perdoo a procesión. Non sei, o Santo co acio das uvas colgadas da man dereita e vendo como se abanea, o desfile polas rúas da vila, os veciños todos coa felicidade debuxada nos seus rostros, as campás repicando por todo o percorrido e, iso si, os foguetes estourando sobre o ceo molgués para darlle un sentido especial á mañá. Non obstante a tal día non o asimilo á relixión, senón a un día festivo, especial no que non ten por que meterse o catolicismo polo medio. É “o día” de Baños de Molgas. E con isto está dito todo.
Pingas de orballo

Os ronseis de dous avións

Cansado de observar a páxina branca dun libro, Honorato Mol Sardiñeiro imaxinou unhas liñas escritas cos ronseis de dous avións que estaban a piques de chocar. Honorato Mol, O Aviador, escribiu sobre o ronsel esquerdo as coordenadas nas que intuía que os dous avións colisionarían. Logo de completar a liña, Honorato Mol, O Aviador, escribiu outra máis sobre o ronsel dereito coas quilometraxes nas que intuía que chocarían os dous avións. Despois, entre parágrafos, O Aviador, deixaba que a súa imaxinación acougase entre as nubes brancas de algodón que asomaban alá ó lonxe, pódese dicir que moito máis alá do infinito. Entre liña e liña soñaba cun café cortado e toda unha tarde contemplado o ir e vir dunha rula polos camiños do alento ou do recordo. Honorato Mol, O Aviador, cerrou o libro e coas súas mans brancas quixo tocar os ronseis dos dous avións que estaban cada vez máis cerca. O único que conseguiu foi cubrir, tapar o percorrido desa incógnita. Abriu de novo o libro pola derradeira páxina e cun lapis de carpinteiro escribiu a palabra FIN.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES