Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Mostra Folklórica Internacional de Viveiro - 2017

martes, 15 de agosto de 2017
A Plaza de Viveiro, ateigada de xente coma vai xa para corenta anos, viveu do tres ó seis de agosto, a trixésima novena edición da Mostra folklórica Internacional que se encadra dentro da programación das Festas Patronais.

Falar da Mostra en Viveiro é falar de arte, porque iste non é outra cousa que converti-la door en beleza para o disfrute das ialmas sensibles. As bestas só valen para pacer. E aquelas cancións que nacen na ialma, e aquelas pernas que brincan agarimando o ar, aquelos sorrisos ledos, aqueles movementos suaves e doces, outros feros e guerreiros, todos finos e acompasados, aquel navegar polo ceo nas olas das cancions… florecen nas xentes de tantos grupos que viven para amosar o mundo o cadro do seu mellor patrimonio. Maís de doscentos cincuenta grupos desfilaron por Viveiro nestes case corenta anos, o que reflexa con claridade que, cando un cre en si mesmo, como é o caso da súa directora Mari Carmen López (nós chamámoslle Mari Carmen Chipe),nila nace fogaxe para movilza-la xente, a forza de moitísimo traballo e milleiros de sinsabores ( pásalle igual na Semana Santa) e crear un grupo consolidado como hoxe é “ Bagoas da Tera”. Unha canteira que vai desde nenos ata o xardín dos recordos como lle chamo ao camposanto.

E iste ano, a mai Mari Carmen quedou orfa de tres puntais da Mostra. A miña condolencia, amiga. Porque é certo que hai puntais e cachelas. Nise xardín do camposanto florecen os fermosos recordos de tres tres puntales da Mostra como foron:

María José Penso, a profesora de danza dos nenos e traballadora onde as houbera. Aínda recordo as moitas veces que me vendía o prato da Mostra para poder financiala. Foi durante moito tempo o relevo natural de Mari Carmen como fiel e verdadeira amiga. As nenas de Viveiro non a esquecerán. Desde aquí o meu pésame para as súas fillas, súa irmá Cruz, Juan e demáis familia.

O Moro. O Moro era Viveiro en home,¿verdade , miña Nilda? Dáballe a todo, desde a danza ata a batería, e tamén foi sindicalista e concelleiro. Sincero onde os houbera. Sempre fiel, valente e disposto a face-lo ben, chegou a ser primeiro bailarín. Il meteu a palabra parranda no diccionario. Seu irmau Toño aínda estes días andaba na faena.

Manolo do Reino, pai do meu sobriño o bailarín Darío, e avó de Alex Paz, xa xogador de fútbol no Viveiro, que este ano estrenouse na danza. Manolo, compañeiro da escola e de toda a vida, igual que o Moro. Cántas vivencias xuntos e canto cariño mutuo. Cánto leva traballado, como siguen a facer os seus fillos, por todo aquelo que levase o nome de Viveiro. Facede os tres unha quieimada no Ceo que seguro que vos rides un mogollón, alleos á nosa dor por tanta perda ¿verdade, Aurora e fillos? Ata o teu neto Jacobo, con catro anos, amosaba a tristura a criatura. O ceo fíxoo Deus para os bós e xenerosos, que a nosa voz entenden, como dí o noso himno.

Pois ben, superando a dor, a Mostra, maxistralmente presentada polo noso amigo e colega o director de Galicia Dixital, Xulio Xiz, a quen eu nomeo padriño da criatura polos méritos contraídos, pois se ben é certo que Mari Carmen é a súa mai, non menos certo é que tanto sacrificio de Xulio, é merecedor como mínimo de ise agasallo.

Digo, que Xulio presentounos as actuacións dos grupos internacionais, nacionais e local.

“Bágoas da Terra” é un colectivo grande, armonioso, onde cada un tén un cometido e no que se van producindo relevos xeneracionais fruto da mesma vida. Daí que o Concerto de Música Folk do día 4 sexa o reflexo da diversificación.

O grupo folk de ”Bágoas da Terra” naceu dista semente como demostra o feito de que José Miguel e Lorenzo, fillo e xenro de Mari Carmen, sexan os gaiteiros. Máis, coma Viveiro é semilleiro de músicos (estes, profesores de distintas institucións) engadiron, ademáis de bombo e tamboril, outros instrumentos como zanfona, acordeón, guitarra… o que lles permite interpretar música tan variada como boleros, rumbas, ata os máis clásicos da nosa cultura. A verdade é que é un pracer escoitalos e que xa actuaron en moitos lugares de sona.

Por detrais está hoxe a labor calada de Francisco Fanego, Cruz Penso, Pipo, Toño Docampo, Manolo Paz ( fillo) e un mogollón de persoas, que xa non coñozo pola idade, e que son o relevo daqueles: Pili Albo, Pepito Chipe, Bety, Juan Soto, Maria JoséPenso, o mesmo Moro, Nilda, Navarrete, Miquiné( José Mari Gueimunde), a súa sobriña Mariña, as primas dista… e moitos máis aos que sinto non nomear, porque o seu traballo altruista merece sempre o apaluso das persoas agradecidas.

Seguide pois, meus queridos Mari Carmen e Xulio, como representantes dista marea de “Bágoas da Terra”, sementando no cor distes “chicharrilños”, como lle chamo a esa isa chivaniña de nenos coma Miguel, Carlos, Darío, Jacobo, Ángel, ” Os miquineses”(nas túas nenas tamén, Xulio)…,sementando, digo, os nosos soños. Soños que han prender nises tenros corazóns porque xa sabedes que, quen sementa soños de amor, recolle colleita.

Apertas garimosos e eterna gratitude.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES