Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Lorenzo, San Lorenzo

martes, 08 de agosto de 2017
Era o ano 1943. Os armadores Balbino López Rodriguez, consignatario de buques, e os mindonienses irmáns Lorenzo (Fortunatos) construen un cargueiro nos asteleiros Gondán, en Figueiras, ó que bautizan como “San Lorenzo de Foz”.

Equipado en talleres de Vigo, chega o día de acceder ó porto de Foz, onde ten a base. E aquí, ó enfilar a entrada á ría, na fatídica “barra”, o barco toca fondo; fai un xiro polo vento reinante; o maquinista da avante, e o San Lorenzo entra de popa, feito que inspira a Matías Calvo, que, dende a punta do Prado de Ramos presenciaba a escena, estes versos: “San Lorenzo, San Lorenzo/ que en barco te convertiste/ cuando entraste en este puerto/ el culo al pueblo le diste”.

O café de Amalio, na praza, era lugar entrañable ó que a cotío acudía un grupo de mozos, amantes da cultura e interesados pola política. Pola natureza dos temas que xeralmente se trataban, era tamén coñecido por “O Parnaso”. Matias Calvo, asíduo a aquelas xuntanzas, era considerado o seu poeta oficial e, sometida a obra o análise crítico dos parnasianos, que puntuaban os valores que conforman a producción poética; entre os que se atopaban a pulcritude e a beleza da linguaxe.

Malparadas saíronlle as estrofas da entrada do San Lourenzo a Matías, pois os críticos reprocharon ó bardo a utilización en poética de tan sublime numen de vocábulo tan pouco pudoroso e mesmo soez e malsoante, coma ”culo”.

Cando o autor foi advertido polos críticos recoñece a gravidade do feito e pretende trocala pola de “popa”, que non ten connotacións groseiras, é de grata sonoridade e, por derriba, moito mais mariñeira. Os inflexibles xuices non aceptaron e enmenda, pois o dano estaba consumado, dado que os versos circulaban de boca a orella, para escarnio do colectivo parnasiano, tan celoso do bó decir ; ou sexa, da estética da linguaxe.

O veredicto, firme e inapelable, foi traumático: “ que autor e obra fosen a parar ós fondos do averno poético, sen redención posible”. Matías arrastrou por moito tempo o estigma da culpabilidade e a mágoa do fracaso; e a anécdota pervive ainda na memoria popular,transcurridos 75 anos.

(Do noso aarquivo).
(Suso Fernández é Fillo predilecto e Cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES