Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Museo Romántico para Lugo

viernes, 04 de agosto de 2017
O aparcamento da rúa Anxel Fole, ten problemas co Concello, que poden lévalo ao peche, por non ter licencia para funcionar, a pesar de levar moito tempo funcionando.

Pero chama máis a atención que teña problemas o Museo Romántico que o historiador Adolfo de Abel pretende abrir no fondo da Praza do Campo, no edificio número 9 da rúa do Miño; no coñecido como Pazo das Pombas.

O escritor pediu autorización ao Concello de Lugo para crear un Museo con sala de exposicións e cafetería. E xa que unha iniciativa particular non recibe axudas, e só dispón das súas forzas, montou o que puido do Museo e abríu a cafetería como mínimo aporte económico ao singular proxecto.

Pero no concello non obtén licencia, porque pediu autorización para un todo –museo/sala/cafetería- e ao ter só parte do museo e cafetería, resulta non ser autorizable.

Parece incrible que a administración que físicamente está màis preto dos cidadáns non sexa capaz – inxenio, decisión política, man esquerda, interés polas cousas interesantes- de buscar e atopar solución para unha incongruencia así, non prevista na Lei porque as leis abordan problemas xerais; que precisa unha interpretación intelixente da Lei, e na que todos os grupos políticos terán que estar de acordo porque un Museo privado en Lugo é unha singular aportación á cultura e á sociedade que parece incrible que se lle aplique a mesma norma que a unha industria molesta, insalubre, nociva e perigosa.

E seica a cafetería en solitario non é autorizable por estar nunha zona saturada. Claro, por eso se lle chama a esta zona a “zona dos viños”, bautizada polos lucenses que a frecuentamos, como supoño que ocorre na inmensa maioría da cidade lucense. E ademais, o edificio –con historia que merece mención á parte- esta na zona que antes se chamou “alegre” da cidade (mesmo ao inicio do antigo Barrio Chino), e agora os poderes públicos pretenden rescatar e normalizar, dándolle actividade e procurando para ela novos habitantes para que deixe de ser un gheto.

Entendo que a norma xeral non entenda o que é un museo con sala de exposicións e cafetería… porque a case ninguén se lle pode ocorrer afrontar unha aventura así. Contemplen as excepcións, estudien o tema intelixentemente, e dean solución ao que a Lei non puido prever pero vintecinco concelleiros, de tódalas cores do espectro político, seguro que poden atopar unha solución intelixente para este problema.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES