Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

miércoles, 02 de agosto de 2017
Pingas de orballo
Botamos a perder a linguaxe

Odio os emoticóns! Entre os anglicismos e eses monecos roñosos están eliminando a nosa linguaxe! Na nosa cidade queren que algúns, con selo característico de Ourense, asomen polos seus guasaps e demais redes sociais. E chámame moito a atención a solicitude dun Carrabouxo. Poida que para Xosé Lois sexa todo un orgullo (e con razón), pero a ver quen se atreve a dicirme que a palabra "carrabouxo" non é fermosa. Entendo que é máis fácil poñer un moneco que escribir unha palabra tan longa. Pero están simplificando tanto todo que estamos finiquitando a linguaxe. A maiores de que algúns emoticóns son incluso difíciles de entender. Por exemplo, o dos aplausos, non pode significar acaso que che aplauden na cara, ou sexa, que che van dar unhas labazadas? O de chorar; acaso non se chora ás veces de alegría? Non hai Deus que os entenda! Algúns aparecen cun corazón, con dous corazóns, pero desde cando temos dous corazóns?! E que me decides dos bicos. Co bonito que é dicir biquiños! Os emoticóns tiñan que estar prohibidos!

Pingas de orballo
Escoitar aquel ruído...

O mar. O ruído do mar. Esa sensación que me deixa apoucado ante tanta inmensidade e ante tanta beleza. En silencio escoitando o ruído do mar, aínda que pareza unha incongruencia, é un dos momentos máis relaxantes e máis pracenteiros cos que se pode atopar unha persoa. Eu polo menos así me sinto. Percibín esa éxtase o outro día sentado nun enorme penedo no castro de Baroña. Facía aire, moito aire, había mar bravo, mar picado e escoitar aquel ruído, ver aquelas ondas bater incansablemente contra as rochas, contra a costa era como unha ascensión ós ceos. Ás veces ata me esquecía das sempiternas fotos porque me paraba unha e outra vez a escoitar, en silencio, o ruído do mar. Son de terra adentro, pero o mar, o ruído do mar... Sei que algún día pasarei unha ou dúas noites de inverno escoitando o mar, o ruído do mar. É que no inverno, nunha desas noites de treboada, ten que ser o summum, o celme desa sensación inmensa de paz. Porque hai ruídos nos que se acubilla a paz.

A Santa Compaña en Saturno

A nave Cassini observa luces fantasmais no polo sur do planeta Saturno. A verdade é que observou moi pouco, quizais ó mellor a que o zoom non ía moito alá que digamos. Porque se se fixara ben ou se observara mellor vería que por alí andaba eu arrastrado parsimoniosamente pola Santa Compaña. Normal entón que vise tantas "luces fantasmais". De todos é sabido que un galego, que os galegos estamos en todas partes. Ata no medio dunha escaleira para amolar, para xiringar ós casteláns non dicíndolles se subimos ou baixamos. Por certo, xa confirmo que en Saturno flotamos. De aí tamén que as luces fantasmais se movesen tanto e quizais por isto á nave Cassini se lle escapou un chisco o asunto. A ringleira da Santa Compaña hai que recoñecer que era longa de carallo. Eu ía non medio. Nin dos primeiros nin dos últimos. Para non chamar a atención. Sempre me dixeron que procurase non destacar moito no que fose. Ó mellor tamén foi por isto polo que a nave Cassini non me viu ben. Vai ti saber! Seguín arrastrado pola Santa Compaña cara ó polo sur de Saturno.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES