Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En qué quedamos?

lunes, 31 de julio de 2017
Todos tenemos un precio/Todo se compra y se vende… dicía aquela canción de Victor Manuel e acertaba. Nesta sociedade de libre mercado o consumo é a pedra filosofal da economía. O mundo converteuse nunha macro almoeda e todos nós en consumidores potenciais e polo que se ve non hai moitos motivos de que a cousa cambie nun futuro. Mirade si estamos collidos que ata a sanidade entra na puxa: a privada porque forma parte directa do negocio pero tamén a públlica que está suxeita ao devir dos intereses das compañías farmaceuticas que intentan por todos os medios colocar os seus productos na tenda.
En qué quedamos?
Os avances da medicina son incuestionables e grazas a iso a esperanza de vida aumentou notablemente, pero debemos estar atentos ás especulacións da gran industria farmaceutica que necesita consumidores sexa coma sexa. Non convén esquecer que os niveis máximos que miden certas patoloxías cambian constantemente en cada congreso. Así por exemplo os graos de colesterol malo ou os índices de tensión arterial foron mudando, sen dúbida pensando na saúde da xente pero tamén na necesidade de vender masivamente os fármacos que as compañías colocan no mercado. Nos chamados países do terceiro mundo usan á poboación coma coellos de indias e unha vez vista a suposta eficacia do producto sitúano na feira do consumo masivo. Recordo perfectamente unha vacina contra o catarro que se vendeu como rosquillas e logo foi retirada do mercado porque era absolutammente ineficaz. Sen ir mais lonxe as vacinas contra a gripe eran recomendadas aos maiores de 65 anos con patoloxías que a gripe podería agravar e se pasou despois a vacinar a demanda, a todo aquel que o solicitara e as vendas acadaron cifras record.

Lembran cando dician os próceres sanitarios que o peixe azul era prexudicial para a saúde? E diso non hai tanto. Pois vexan arestora as virtudes e vantaxes dos aceites omegas do que é depositario o animaliño. O mesmo pasou coa carne de porco. E mirade, amigos lectores, agora tócalle ao café. Hai ben pouco a OMS dixo que o consumo de café podería ser coadxuvante a padecer cancro de páncreas e hai uns días todos limos na prensa e ouvimos nos medios audiovisuais que o mesmo organismo certificaba que tomar tres tazas de café ao día pode resultar excelente para o noso sistema circulatorio. E a verdade é que un se mosquea diante de tanto digo e logo diego. Non será, postos xa a desconfiar, que todas estas aseveracións e negacións fluctúan coas necesidades do mercado? A min gustaríame pensar que non pero...
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES