Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vacacións desas auténticas

lunes, 31 de julio de 2017
Vacacins desas autnticas Nin fútbol, nin política, nin amaños, nin corrupción, nin asasinatos, nin mortes e nin rabo de gaitas. Esta semana pasada tocaron... vacacións! Si, desas auténticas (porque ata semana pasada xa estiven con elas unha semana e pico e farteime de traballar), desas nas que, por fin, non a rasquei. Non quero pecar de fachendoso, de fanfarruñeiro, pero penso que si as merecía.

Non obstante, tranquilos, foi moi pouquiña cousa, tan só cinco días xustos que me tirei, que nos tiramos alá por Aguiño, en Riveira. A ver, a min gústame máis pola Costa da Morte (practicamente todos os anos que conseguimos ir algúns días ou incluso só días soltos, adoitamos facelo de Muros para arriba), porque hai menos masificación de xente e porque o mar é máis bravo e a min gústame o mar, non as praias (hai que ir a elas polos rapaces).

Este ano se tirei de Muros para abaixo foi a que neses días o tempo non as prometía moi felices e Alán quería bañarse un pouco, a maiores de que empezamos a buscar algo para pernoctar a tan só dous días antes da saída. Todo foi moi ás présas, pero, sinceramente, eu con tal de saír algo (aínda que só fose á serra do San Mamede, por exemplo) xa me conformaba, xa me conformo co que sexa. Son de saír, de ver cousas. Este tamén foi outro dos motivos de buscar máis abaixo de Muros: que é unha zona moito menos coñecida por nós (aínda que, coidadiño, por sorte, xa me pateei toda a costa galega, toda), xa que desa vila ata Fisterra está máis que memorizada.

Tamén buscamos moito máis arriba (por Muxía, por exemplo), pero, claro, canto máis arriba, máis fría a auga. E a min dáme igual (o meu é andar e ver paisaxes ou vilas), pero o rapaz... "tamén para non bañarme nada", sentenciou. Acabamos en Aguiño. Unha marabilla: As dunas de Corrubedo, a Lagoa de Carregal e Vixán, o Dolmen de Axeitos, as serras da Curota e da Curotiña na veciña A Pobra do Caramiñal...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES