Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pepe Pérez ou a fotografía poética

viernes, 28 de julio de 2017
Pepe Prez ou a fotografa potica
Testemuñas da memoria
Pepe Pérez ou a fotografía poética

Os amigos dos meus amigos serán meus amigos. Iso din. As amizades tamén poden ser coma os elos, coma os aneis dunha cadea: uns engarzan noutros. A amizade que manteño co fotógrafo Román Montesinos engancha co tamén fotógrafo José Luis Pérez. Foi aquel o que me mandou unha mensaxe polo feisbuq para advertirme dunha exposición deste amigo seu. Que se podía asistir á inauguración, que si etcétera. Puiden asistir e asistín.

A exposición chámase "Espellismos", unha serie de pouco máis dunha ducia de fotos de gran formato, en branco e negro, "porque lles proporciona unha maior forza expresiva", segundo propias palabras do autor. Pero hai máis que forza expresiva. Hai pura poesía. Nos reflexos cheos de quietude e maxia. Na forma de conxelar o tempo e o mundo. Fotos todas elas feitas en Xixón sobre os pavimentos mollados. E aí, neses reflexos, asoma a mestura de realidade e fantasía. En algunhas ata semella que desafiou a gravidade para coller, pillar, localizar ese momento tan máxico que, realmente, a maiores de sorprender, déixanos coa boca aberta. Repito, fotografía poética de gran riqueza temática e formal.

José Luis Pérez Fernández, quizais máis coñecido como Pepe Pérez, naceu na Coruña en 1957, aínda que leva en Xixón case ou sen case 30 anos; pero tampouco esquece que as súas auténticas raíces proceden da provincia de Ourense, máis en concreto de dúas aldeas do concello de Lobios, achegadas á raia do país veciño. Tanto enraizou que nunca se esquecerá de cando, de cativo, acompañaba ós seus curmáns cando se tiñan que facer cargo das "veceiras", algo así coma quendas para levar os rabaños de cabras ó monte, os rabaños de todos os veciños. E segundo me conta el, os seus curmáns facían coincidir os seus días, a súa quenda coa estancia súa na aldea, porque sabían que gozaba pastoreando as cabras. Chamáballe moito a atención que, á volta do monte, cada grupo de cabras se detivese fronte á corte dos seus donos esperando a que lles abrisen a porta. Di que nunca se confundían. E dígoo eu tamén: nunca. Porque lembro cando ás veces en Baños de Molgas metía eu algunha vaca na corte do veciño e, zas, ó día seguinte, esa vaca xa ía dereitiña para alá.

Pepe Pérez estudou o bacharelato nos Salesianos da Coruña e cando lle tocou ir á Universidade, á de Santiago de Compostela, déuselle por estudar medicina e especializarse en pediatría. Casou, ten dous fillos e leva 27 anos traballando no Hospital Universitario de Cabueñes, en Xixón.

Na adolescencia afeccionouse ó alpinismo e paralelamente empezou a probar coa fotografía. O que ó principio foi unha forma de capturar paisaxes, pouco a pouco empezou a pasarse á captura de retratos, de fotos doutras paisaxes (a da cidade, a das rúas), incluso de arquitectura. Empezou cunha cámara prestada, unha Kodak Tourist II de fol, de pelello, co disparador armado por panca. Máis tarde xa adquiriu unha Canon FTB. Desde esta, e sabendo que a afección xa ía en plan serio, mercou xa unhas cantas máis.

Agora semella que está traballando nunha serie formada por pareidolias (imaxes nas que se recoñecen formas ou figuras que na realidade non existen), e ten outro proxecto de retratos case decidido. Sexan pareidolias ou sexan retratos, seguro que José Luis Pérez Fernández, Pepe Pérez, amosaranos uns versos fotográficos ou unhas fotografías poéticas nas que a vida, o entorno, a sociedade asomará logo dun simple e único disparo. Poesía fotográfica. Fotografía poética. Que máis dá! Pura fermosura! E punto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES