Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santiago, patrón de Foz

martes, 25 de julio de 2017
Nunca soubemos por qué, sendo o patrón de Foz Santiago se celebran, como patronais, as festas de San Lourenzo. O feito, sen resultar insólito, é chamativo, pois descoñecemos a existencia dalgún acontecer histórico ou lendario que relacione ó santo das parrillas co noso pobo.

Temos escoitado algunhas teorías que pretenden explicar as razón polas que se da a aparente anomalía, todas referidas a motivos laborais; pero non atopamos unha soa referencia escrita que confirmase algunha.

Así, dise que en tempos en que a agricultura tiña un importante peso na economía da nosa sociedade, trasladáronse as festas ó 10 de agosto para celebralas sen agobios, unha vez rematadas as faenas do campo, sinaladamente as segas e as mallas.

Outra versión, no mesmo senso, para nós menos consistente, tería que ver coas costeiras do bocarte e do bonito. E unha terceira, se non mais veraz, sí mais atractiva, refírese á hipotética existencia dunha antiga confraría para organizar os festexos, que era propietaria de gando no monte; o día 24 de xulio celebrábase unha feira na Espiñeira á que levaban a vender as súas reses, o que dalgún xeito interfería no desenvolvemento da festa. Posiblemente non sexan éstas mais que elucubracións carentes de fundamento pero, para a a pregunta que nalgún intre tódolos focegos e moitos foráneos nos fixemos: se Santiago é o noso Patrón, ¿porqué no seu lugar celebramos o San Lourenzo?: Nós non temos resposta.

Un ben querido amigo, amante de megullarse nas mais agochadas páxinas da historia local, contounos que, ó respecto, só atopara, no libro de fábrica da igrexa parroquial, un par de referencias que orientan sobre as datas de celebración de ambas advocacións, pero non das razóns do cambeo de titular. Por anotacións no devandito libro sábese que no ano 1634 pagouse X reás a un gaiteiro por tocar na festa de Santiago e, 33 anos despois (1667), por facelo ns de San Lourenzo que ,dende entón, celebrouse sempre ésta.

Cantos vellos documentos levan chegado ás nosas mans, nomean ó noso pobo como Santiago de Foz… Curioso,¿verdade?

(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES