Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cinco mil festas

lunes, 24 de julio de 2017
Cinco mil festas A cifra da temporada lúdica no país fala de cinco mil. Cinco mil festas para rezar, para comer, para revivir a historia ou para bailar. Hai máis de cen que gozan de interese turístico, pero todas poñen cor ao verán galego. Galicia revive ancestrais tradicións xunto a grandes eventos da modernidade musical.

Aquí todas as festas teñen un denominador común: serven para divertirse e para pasalo ben. Incluso en moitos destes festexos prima a exaltación gastronómica.

Ao longo do ano celébranse en Galicia outras moitas festas tradicionais. Unhas de contido etnográfico, outras para recrear a historia; incluso as hai que nos recordan vellos costumes campesiños e ancestrais ritos de incerta orixe.

Pero é cando chega o verán, cando os galegos nos movemos. Imos de festa en romaría e de romaría en verbena.

Hai citas para todos. Porque Galicia se resiste a que morran as súas tradicións, pero si importou novos modos festivos nos que se escoitan especialmente os sons da Terra.

E desenvolveuse unha gran creatividade á hora de organizar eventos lúdico-culturais, que acaban por ser os preferidos da xuventude e os máis concorridos.

Hai festivais consolidados, como o de Ortigueira, con especial atención ao folk. Outros de rock, como Viveiro. E hainos que buscan ser alternativos a través de todas as artes…

Toda esta transformación lúdica é un motivo máis para non perder Galicia… un verán máis.
Rodríguez, Xerardo
Rodríguez, Xerardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES