Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novo Babel con harmonización de linguas

martes, 05 de junio de 2007
A torre de Babel foinos sempre presentada como un exemplo de confusión derivada da utilización de diferentes linguas, descoñecidas entre sí.

Planteóusenos como un problema de relación, aínda que o tema daba para infinitas lecturas político-sociais, entre as que está precisamente a que indica que os que construían unha torre que quería chegar ós ceos, por enrriba de todo o divino, tiveron o seu castigo pola incomunicación entreles e o poder superior.

Sorte temos de estar noutro tempo, case noutro mundo, pois do contrario hoxe Galicia podería ser un novo Babel construíndo unha torre inmaterial.

Nestes momentos, estudian nos colexios galegos 10.502 extranxeiros que proceden de cen países diferentes.

Colombianos, arxentinos, brasileiros, paraguaios e marroquíes son os principales grupos humanos que acceden ás nosas escolas e reciben o ensino nunha das dúas linguas nosas, co que o problema babeliano non se repetirá.

O fenómeno increméntase cada ano, tendo aumentado desde o curso anterior nun 14 por cento.

Estimamos moi bo que esta fusión se produza. Canto mellor nos coñezamos menos problemas de relación teremos; canto máis común sexa a educación recibida, menos pantasmas viaxarán polas mentes dos nosos nenos, canto máis se harmonicen lingua e formación, máis humano será este novo Babel no que andando o tempo se convertirán Galicia e tódolos pobos de Occidente.

Hai que confiar que da mestura e convivencia virán progreso e raciocinio. E que o novo Babel que estamos a construir será unha terra mellor para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES