Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Corcoesto a Mesía. Do ouro ao seixo

miércoles, 26 de julio de 2017
De novo un proxecto de megaminería ameazou unha rica zona agrogandeira do país. Onte foi Corcoesto e hoxe Mesía. Onte foi ouro e hoxe seixo. Onte foi Edgewater e hoxe Erimsa. Onte foi canadense e hoxe noruega. O demais todo igual: no debate promesas e garantes para enfrontar o curtopracismo e a visión de futuro e, por sorte, novamente vitoria...

A boa nova é o agromardunha conciencia unitaria firme e apoiada polas administracións contra este tipo de proxectos que está conseguindo os seus obxectivos de paralización: Edgewater foi rexeitado por defectos administrativos e Erimsa desiste ante a presión social.

Polo tanto temos un novo respiro que agora vén da conciencia do pobo.Falta por lograr a verdadeira vitoria que será recoñecer que temos un potencial endóxeno impresionante e que temos que conservalo por riba de todo como un legado recibido que debe ser o noso maior legado...

O día que mobilicemos este potencial ben seguro que descubriremos posibilidades infindas de futuro para planificar baixo unha visión de legado interxeracional. Seremos quen de poñelas en marcha?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES