Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguimos sendo moi pobres

lunes, 04 de junio de 2007
Ese persoal detector que todos temos en relación coa marcha do país, da economía xeral e das economías particulares, estanos a dicir desde hai moito tempo que imos bastante ben, que Galicia ten unha modesta marcha hacia adiante, que cada vez se vive mellor aínda que non cheguemos ás rendas medias das zonas desenvolvidas do Estado.

Pero ás nosas persoais consideracións venlles ven, de cando en cando, que autoridades ou entendidos na materia, con independencia e coñecemento, se pronuncien sobre estes temas.

E sobre o tema ven de pronunciarse a Universidade de Santiago nun estudio dirixido por Carmen Guisán Seijas, Catedrática de Econometría, que pon de manifesto que a renda media desta comunidade estivo entre os 7.000 e os 10.000 euros por habitante e ano entre 2000 e 2005, mentras que nos paises máis desenvolvidos da Unión Europea e dos Estados Unidos de América se situaba nuns 40.000.

Non é que esteamos lixeiramente atrasados en relación coas economías máis fortes: é que nos superan como mínimo nun 400 por cento.

Estima a catedrática que á maioría das comarcas galegas lles falta “dinamismo económico”. Ou sexa, que podemos estar satisfeitos do alcanzado sabendo de onde partimos, pero somos aínda pobres de solemnidade en comparación cos ricos desta zona rica do mundo.

Consecuencia ou antecedente desto é que na maior parte de Galicia non medre a poboación, que a industrialización sexa feble, que se investigue pouco, que os niveis de ingresos sexan baixos, que esteamos mellorando pero aínda é pouco.

A nós, tócanos mentalizarnos e traballar. Pero ós nosos gobernantes, municipais, provinciais e autonómicos, correspóndelles tomar en serio estudios coma este e, seriamente, traballar esquecendo problemas que non o son, cuestións semánticas que non interesan a ninguén, afrontando o reto de que os galegos medremos ata chegar á altura de todos os que conforman a Unión Europea.

Gracias, Carmen Guisán, pola información, e ocúpese –por favor- de que se enteren onde corresponda, para que cada quen cargue coa súa responsabilidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES