Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mundo ó reves en Venezuela

lunes, 17 de julio de 2017
Despois de corenta anos de normalidade democrática, a miña vila e a do Carballiño no caso de Ourense, xunto con outros dez lugares da xeografía galega, ós que se lles unirán outros centos por todo o mundo, ademais loxicamente de tódolos recantos habitables de Venezuela, vivirán unha xornada electoral certamente insólita, que a min me provoca pensamentos encontrados, soamente xustificados polo feito de que dende hai anos e para desgracia principal dos venezolanos, o mundo xira ó revés en Venezuela.

Como consecuencia reactiva ó órdago "estadicida" que hai meses que lle lanzou o innomeable presidente venezolano ó seu pobo, convocando a constitución dunha nova asemblea no país, coa que poder botarlle terra por riba á Asemblea Nacional legalmente constituída e, con elo, á constitución actualmente vixente -redactada curiosamente polo propio réxime bolivariano- porque non conta con maioría afín nela e as páxinas do regulamento constitucional aínda teñen algunhas fendas democráticas que obstaculizan o despótico mandato que ven exercendo o goberno, a denominada Unidade Democrática venezolana -que aglutina á practicamente toda a oposición política organizada do país- decidiu convocar unha consulta popular ó estilo da que dende hai anos e con machacona tenacidade leva reclamando unha parte da clase política catalá.

Celanova e o Carballiño vivirán este domingo, logo entón, unha xornada electoral certamente insólita, pero coa que, por riba de tódalas similitudes que se lle poidan facer coa "cuestión catalá", eu estou totalmente de acordo, se é que vale para clarificar -que, sinceramente, non o creo- o atolondrado rumbo cara o precipicio que dende hai anos leva aquel fermoso país no que tantos afectos depositados temos os ourensáns e o resto de galegos.

É certo que alguén pode argumentar, arestora, algo así como, "vaia!, así que estás en contra de que os cataláns celebren unha consulta popular á marxe da Constitución e, sen embargo, ves de bo grao que os venezolanos fagan o mesmo no teu propio lugar de residencia?"
E aínda que poida semellar contradictorio teño que dicir que si. Por dúas razóns.

A primeira é que a situación de descomposición democrática e de emerxencia sociopolítica e humanitaria que vive Venezuela, como pode comprender, non a vive Cataluña.

E a segunda, máis ca un argumento é unha indiscutible evidencia: Ata tal punto é todo tan sen sentido en Venezuela e o mundo xira alí tanto ó revés, que o que este domingo van votar -tamén na miña vila- os opositores ó réxime bolivariano -que ironía!- é unha defensa da Constitución bolivariana que o bolivariano Maduro quere liquidar o próximo día 30 porque aínda contempla algunhas garantías democráticas que lle estorban.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania