Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eucaliptos fóra!

viernes, 14 de julio de 2017
A natureza, que é moi sabia, funciona cunhas reglas moi estrictas que os humanos nos esforzamos en infrinxir, sempre con resultados discutibles. E sofre duramente cando se introducen especies foráneas que poden arrasar coas do país, sendo o exemplo máis recente esas avispas velutinas que nos están invadindo.

Como pasa cos eucaliptos, especies que viñeron de fóra e se adaptaron tan ben ao país, absorben tanta auga e nutrintes e medran de tal xeito que, ao ser moito máis rendibles, foron arrinconando ás especies autóctonas, máis lentas, que arden menos, que respectan os solos e son máis rendibles pero non en metálico.

Viaxei o pasado domingo entre Guitiriz e Santiago, pola estrada que vai por Teixeiro, e asombroume o eucaliptal interminable plantado á beira da estrada, un perigo en caso de lume, unha fonte de ingresos segura para os propietarios, e desaparición garantida das árbores naturais do país.

Pero está abrollando con forza un movemento antieucalipto para tentar erradicalos do país galego. E o primeiro concello en tomar medidas foi o de Sober, na provincia de Lugo, hai nove anos, qe incluíu no Plan de urbanismo un veto a novas plantacións de eucalipto, tolerándose as existentes ata o momento en que sexan taladas, que deberán ser replantadas con outra especie.

Despois de Sober, Folgoso do Courel, concello cunha importantísima masa forestal, que aprobou declarar ao concello libre de eucaliptos. Ata agora, o único concello de fóra de provincia de Lugo foi o de O Grove, que en maio se declarou libre de eucaliptos. E o último foi Pantón, tamén lucense, que hai uns días acordou que no seu termo municipal non pode plantarse esta especie arbórea.

Algo se move en Galicia en relación cun tema que debe preocupar e preocupa aos que estiman o medio rural e se doen de que a economía poida máis ca o sentido común no respecto á natureza actual e futura.

E decisións coma esta acreditan que aínda é posible manter vivo o rural do país en condicións de ser disfrutado por todos, agora e sempre. Porque os beneficios directos do eucalipto veñen ser para o rural, para a natureza, a concreción máis práctica da coñecida expresión de “pan para hoxe, fame para mañán”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania