Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A mala educación

viernes, 14 de julio de 2017
Cando, hai pouco máis dun mes, tiven ocasión de visitar o Congreso dos Deputados e botar media mañá na cafetería do edificio enviando correos electrónicos e whatsapps a xornalistas “culturetas” de Madrid, mentres na sala Tomas y Valiente -se mal non lembro- a Comisión de Cultura debatía diferentes temas que non tiñan que ver coa nosa presencia no hemiciclo, por onda nós pasaron políticos de toda caste e condición dos que forman o denominado arco parlamentario español.

Novos e vellos, altos e baixos, grosos e fracos, de punta en branco ou autenticamente estrafalarios (agora póñalle o "a" a todo iso para que non pense que estou a falar só de medio Congreso), solitarios ou en grupo, coincidimos cunha ampla representación do que se ven chamando nova e vella política.

Nun momento dado, a persoa que me acompañaba, un mozo de Orozko (Vizcaya) que fai que a cortesía e a cordialidade, as boas maneiras e polo tanto a boa educación, teñan denominación de orixe vasca, reparou nun mozo que pasaba as miñas costas e que camiñaba abstraído na pantalla do seu smartphone do mesmo xeito que camiñaría pola rúa de San Jerónimo calquera ouro mozo da súa quinta a esa mesma hora e sen tanta proxección.

"Mira, ese es Rufián!", susurroume case ó oído para alertarme, con prudencia, da inesperada visión, exclamando -tamén pola calada- algo que, para non ser mal interpretado debe ser lido no propio contexto coloquial e de confianza mutua, da situación: "Pero, si no tiene media hostia!"
"Ya ves -contesteille eu- y aún así tiene atemorizada a toda la clase política. Por su mala educación!"

Alleo, loxicamente, non só á nosa conversa senón tamén á nosa presencia, el e mailo seu teléfono desapareceron pola porta coma quen andaba á caza dos pokemon, deixándonos a ámbolos dous teorizando sobre os desesperantes e superficiais momentos que vive a política española e que tanto dano lle están facendo ó conxunto da sociedade que permanentemente contempla os seus, a miúdo badulaques, espectáculos a través dos medios de comunicación.

Lembrei hoxe esta anécdota despois de ter lido o enfrontamento mantido entre dous representantes municipais -unha do goberno e outro da oposición- de Ourense durante o cal seica se puxeron de tolos -máis ou menos diagnosticados ou máis ou menos medicados- para arriba e cun ton de voz que seica permitía escoitar os berros no pórtico do paraíso,por non dicir no inferno.

E é que, cando a mala educación se instala na comunicación entre dúas persoas, nin hai política nin “rediós” que resista o bochorno que provoca, xa sexa que o faga o Rufián mediático do Congreso ou dous anónimos concelleiros de calquera corporación.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania