Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lista máis votada

miércoles, 30 de mayo de 2007
Galicia, e toda España, pronunciouse o día 27 de maio en relación coa forza política que debe gobernar en cada concello, co seu ideario, co seu programa, en base á confianza que persoas e programas lle ofrecen.

Coñecido o resultado, comezan as componendas partidarias, os amaños políticos en relación co cheque en branco que os votantes lles temos dado.

Mariano Rajoy, no nome do Partido Popular, tenlle ofrecido a José Luis Zapatero como máximo representante do Partido Socialista, que goberne en cada concello a lista máis votada. Parece unha oferta razoable, se temos en conta que deste xeito se respecta escrupulosamente a vontade dos votantes, que se pronunciaron por unha forza e por unha idea. Pero a proposta non ten trazas de froitificar.

No capítulo de componendas, perfectamente legal, detúrpase un tanto o sentido do voto porque o votante pode ver frustrada a súa idea inicial.

Polo que a Galicia se refire, a idea de trasladar o pacto da Xunta a todos os concellos nos que a unión das dúas forzas proporcionaría unha maioría absoluta parece que vai proporcionar goberno estable a setenta concellos. E unha única negociación limitará os tira e afloxa de cada concello.

Pero non olvidemos que o lóxico sería a lista máis votada, aínda que fose por un só voto. E gobernar en minoría cando fose preciso, para que o xogo político pudiese funcionar, e dialogar e pactar cada asunto de xeito que non se impoña a lei do máis forte que non ten garantía de ser a mellor.. E o que teña mayoría absoluta, ese sí ten o mandato para gobernar en solitario.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES