Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguir o camiño

jueves, 13 de julio de 2017
Cada persoa ten que seguir o seu propio camiño, dependendo das súas circunstancias persoais.
Certo que tódolos camiños levan a Roma; pero só un é o máis axeitado.

Na actualidade, igual que en tódolos tempos, as familias procuran darlle o mellor ós seus descendentes.
Eso ninguén o pon en dúbida; pero…

Pero nos tempos que nos toca vivir, xeralmente, traballan ámbolos dous proxenitores e a infancia pasa boa parte do seu tempo en mans alleas.
(Léase: gardeirías, actividades extrescolares….)
¿Certo?

Cando unha criatura non está na escola, está nas actividades extraescolares.

Na casa, pouco máis que o tempo xusto -e a veces insuficiente- para dormir.
¿CANDO FAI A INFANCIA VIDA DE FAMILIA?
¿CANDO DISFRUTAN OS PAIS DOS FILLOS E VICEVERSA?
¿QUEN EDUCA A INFANCIA?
¿ESPERAMOS QUE A EDUQUE A ESCOLA OU AS ACTIVIDADES EXTRAS?
¡Que enganados estamos!
A ESCOLA FORMA, PERO A EDUCACIÓN EN VALORES APRÉNDESE NA CASA. Non hai outro lugar para aprendela.
Se a criatura non está na casa; malamente pode saír unha persoa educada en valores; máis ben sairá carente de principios; aínda que -eso si- posúa moitos coñecementos e teña moito mundo percorrido.

Cando vaia medrando, darase conta do erro dos seus proxenitores e sempre levará consigpo esa lagoa que nada nin ninguén poderá encher.

VAI SENDO HORA DE QUE OS PROXENITORES SIGAN O CAMIÑO DE TODA A VIDA:
- RESERVAR UN TEMPO PARA A VIDA EN FAMILIA.
- RESERVAR UN TEMPO PARA A CRIANZA DOS FILLOS.
- RESERVAR UN TEMPO PARA A CONVIVENCIA.
- RESERVAR UN TEMPO PARA A EDUCACIÓN EN VALORES DENTRO DO PROPIO SEO FAMILIAR.

O que se aprende no seo familiar, lévase incorprado na personalidade toda a vida.
Non hai nada mellor nin máis grande.

É algo así como unha etiqueta que te indentifica por días de vida e por onde queira que vaias.
Hoxe en día, a familia vese tentada a seguir camiños moi diversos, que lle ofrece a sociedade de consumo: gardeirías, actividades de todo tipo...

Máis tarde ou máis cedo, darémonos conta que hai cousas que non se poden pasar por alto:
-AS CRIATURAS PRECISAN EDUCARSE NA CALIDED DO FOGAR, RODEADAS DOS PROXENITORES EN PRIMEIRO LUGAR.
-AS CRIATURAS NECESITAN SENTIRSE SEGURAS E PROTEXIDAS POLA SÚA PROPIA FAMILIA.

Preguntouse alguna vez:
¿Por qué as criaturas adoptadas traen tanto retraso?
Traen moito retraso porque….
Porque lles faltou o calor do fogar: dedicación, tempo, cariño, educación en valores, vida de fogar…
¡FOGAR, DÓCE FOGAR!

A familia debe recupera-lo camiño a seguir se non quere sentirse “distante” co froito das súas propias entrañas.

OS PAIS, OS FILLOS, OS AVÓS, OS FAMILIARES…NON OS SUSTITÚE NINGUÉN.
Hai que dedicarlles tempo.
NON É UNHA OPCIÓN; É UNHA OBRIGACIÓN.
O tempo dásenos de balde.
Trátase de sabe-lo empregar.

“O TEMPO DÁSENOS DE BALDE”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa cosideración nesta ocasión e moitas grazas tamén polo tempo que deixa dedicado á educación dos seus fillos.

Foi un tempo moi ben empregado e nada malgastado.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES