Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Monumentos aos trapeiros

martes, 11 de julio de 2017
Os Vilares é coñecida como a parróquia dos Trapeiros pola tradición dese oficio entre os habitantes do lugar ao longo de moitos anos do pasado século Un oficio que chegou a ter xente en cada casa da parróquia de Díaz Castro e que axudou a quitar fame e mesmo a ter ingresos extras en tempos difíceis. Trapeiros como Pedro Patricio chegaron mesmo a ser protagonistas de poemas, artigos e composicións musicais de recoñecidos artistas e autores. Levaron artigos de primeira necesidade, contos e curacións a apartados lugares da xeografía galega e mesmo de Asturies, León e norte de Portugal e o nome dos Vilares dedo Parga foi recoñecido alén da Chaira por estes viaxeiros comerciantes. Os Vilares conta hoxe con.diversos monumentos adicados a Diaz Castro, o máis coñecido, o busto de Raúl Río nas Reixas (Raúl será o Trapeiro de Honra 2018), outros no Vilariño ao pé da casa e da palleira e un monumento na ruta da pedra ao canteiro do Soprón ben merecido, pois a mediados do século pasado Os Vilares contaba co 90% dos canteiros de Guitiriz. Outro monumento con motivos de simboloxía mortuoria pre-cristiana foi construido pola Comunidade de Montes no aparcadoiro fronte ao cimeterio que ten xerado controversias pola instalación e a oportunidade desas grandes pedras ao igual que a pedra ao pé da casa de Díaz Castro polo placa cutre hoxe xa deteriorada. Outras que deixou a natureza pousadas no monte dos Vilares, foron roubadas para adorno dunha área recreativa en Begonte na N-VI como é o caso da Pena da Silla. Sin entrar en debates concretos de cada caso nin na tendencia pomitica a deixar pegada con pmacas e monumentos alí onde se.pode sacar rédito electoral, o certo é que nos Vilares, segunda parróquia do concello de Guitiriz, botase eno falta un monumento aos trapeiros que debe figurar en algún espazo do adro nas Reixas, centro neurálxico do lugar, como homenaxe a tantas persoas que con un oficio humilde, axudaron a manter ás familias e mesmo troxeron cultura e coñecemento a unha pequena.parroquia chairega en tempos duros. A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños ten encargado un boceto ao artista e artesano chairego Marcos Ladra e se ten interesado diante da diocese de Mondoñedo Ferrol para a posible instalación no campo da festaAsociación, da súa propiedade, para trasladar esta proposta ás institucións. O convite está feito...
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES