Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 06 de julio de 2017
Atrofiando o intelecto e o sentidiño

Sempre pensei que ó rematar a liga de fútbol ía descansar deste, pero resulta que me enganchei á selección sub 21. Manda truco en Baños de Molgas! Certo que axuda, e moito, o horario no que son os partidos... nas horas da cea, nas horas en que a viña tamén se bota a durmir ata o día seguinte. Pingas de OrballoDespois tamén me atopo con que, peliculeiramente falando, as teles non proxectan nada especial. Así é que non queda outra que ver ese deporte de masas que seica atorda, seica atrofia o intelecto e o sentidiño. Iso din. Pero, a ver!, o fútbol é coma os funcionarios: que moita mala fama, pero á hora da verdade todos acudimos a el, ou todos queremos ser como eles, coma os funcionarios ou coma os futbolistas. E non hai volta de folla. Agora non volve xogar España ata dentro dunha semana (por certo, a gran final da Eurocopa), pero anda por aí a Copa Confederacións que, como poida, tamén lle botarei unha ollada. Ó mellor atrófiome máis. Certo, defendo o fútbol, pero o día 1, coidadiño!, empeza o Tour. Outro que tal!

Polo arco da vella

Como o outro día me quedou un pouco atrofiado o intelecto e o sentidiño por culpa do fútbol e para que ninguén latrique ou rosme, hoxe optei polo teatro. E ó dicir hoxe digo cando España xogaba a final da Eurocopa Sub 21 contra Alemaña, que xa é dicir, con todo o que me gusta o balompé. O que significa que non hai por que odiar a ese deporte, xa que, cando se quere, pódese moi ben compaxinar este coa cultura. Hai tempo para todo, para un tute como para unha brisca. Aínda que recoñezo que non o pasei nada ben no teatro, e non pola obra en si (que está moi ben), senón polos putos e malditos móbiles que seguen a molestar nunha sala ás escuras. Pingas de OrballoE non hai maneira que advirtan ó principio de que, por favor (ollo ó dato, con educación usan as palabras "por favor"), se apaguen os móbiles mentres dura a obra. É como predicar no deserto, porque sempre hai algúns que esa educada solicitude a pasan polo arco da vella. Isto ponme nerviosísimo e case se pode dicir que me custa entrar na representación porque a miña cabeza está a ferver por culpa desas luces que molestan o demo; os ollos vanse para esa claridade.

A Rula e o pitorrei

Tempo de que a rula voe por entre os carballos da Costela e de que o pitorrei acougue un momento para contemplar o instante dunha historia que puido ser e non foi. Tempo de relax nun tempo que non pasa. O único que pasa son os acordes de Fats Waller mentres un escritor pensa que catro liñas ben escritas van cambiar o mundo. Pero quen escribe ben catro liñas? Non é tan fácil cambiar o mundo. Como non é fácil que o pitorrei lle escriba un soneto á rula que pousou na carballeira de Rogelio, O Carabinas. Tempo de barullo nunha noite escura, na que o silencio debería ser o descanso do guerreiro; ou do heroe que se sente incapaz de estar quieto. Todo se move; incluso o silencio que quere atravesar o ruído. Tempo de que a rula aterre na mesma galla do pitorrei, que leva xa tempo sen facer ruído. Tan só unha pequena raxada de vento é quen de mover unha pluma do pitorrei. O pobre quedou pampo e encollido ante a presenza da súa adoración. Quixo choutar para a carballeira de Salustiano, O Primavera, pero non quería perdela. Á rula.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES