Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aprendendo da natureza

jueves, 06 de julio de 2017
A natureza ensínanos sabias leccións ó longo das catro estacións.
Vexamos como podemos aprender dela en tempo de verán no que moitas persoas saen ó campo para disfrutar da natureza.

-¿QUE PODEMOS APRENDER DUNHA ÁRBORE?
-UNHA ÁRBORE SEMPRE MIRA CARA ARRIBA, CARA O FUTURO SEN PENSAR NO QUE LLE POIDA PASAR.
Así mesmo fan as persoas que nunca perden a esperanza.
Non debemos ter medo ó futuro porque nin siquiera sabemos se chegaremos a disfrutalo.
Toca disfruta-lo momento presente que é o único que temos.

-UNHA ÁRBORE SEMPRE ESTÁ DISPOSTA A OFRECER TODO CANTO TEN: MADEIRA, OSÍXENO, FROITOS, SOMBRA, COBIXO, MEDICINAS…
Madeira para o noso berce, para as nosas casas, para os nosos mobles, para o noso cadaleito...
Osixeno para purifica-lo aire que respiramos.
Froitos variados e nutritivos para para o noso sustento.
Sombra para protexernos do sol abrasador e cobixo ante a intemperie.
Soporte, cobixo e protección para moitos animais.
Medicinas para as nosas doenzas…
Así fan as boas persoas que aprenderon a socorrer ó próximo nas súas necesidades
NA ÁRBORE TODO É HARMONÍA.

As súas raíces ensínannos a poñer os pés na terra.
As súa pólas ensínannos a mirar cara o ceo.
A sús feitura inpíranos serenidade, equilibrio...
Convidándonos a contemplala para tomarnos un momento de relax e agradecer tódolos seus beneficios.

-UNHA ÁRBORE NON FAI DISTINCIÓNS ENTRE BOS E MALOS, NIN ENTRE PERSOAS DE DIFERENTES IDADES, COR, RAZA, SEXO, RELIXIÓN…
É unha boa mestra.

¿NON TEÑEN PROBLEMAS AS ÁRBORES?
¡Vaia que si os teñen! ¡E moitos!
Soportan o frío, a calor, o vento, as xeadas, a sarabia, a neve, a seca, os depredadores, as enfermedades…
Soportan tantos males como poidamos soportar os humanos, pero eles aguantan silenciosamente ó pe do canón ata a última hora.
A NÓS, QUÉDANOS, FACER OUTRO TANTO:
-Loitar en silencio.
-Soportar os defectos do próximo e os nosos mesmos.
-Aguantar e aceptar o que veña.
-Resisitir… ata que chegue a hora de partir.
Todo eso e moito máis é a vida mesma.

-¿QUE PODEMOS APRENDER DUN RÍO?
Moitas veces comparamos a vida dun río coa dunha persoa: de novo saltarín e xoguetón, de adulto manso e caudaloso e na desembocadura: sereno e satisfeito de dar todo canto ten.

O RÍO SEMPRE CAMIÑA CARA ADIANTE.
Os humanos deberíamos cargarnos e recargarnos de optimismo tantas veces como necesitáramos para mirar o futuro como algo prometedor. Non tirar nunca a toalla.

O RÍO OFRECE VIDA ÓS VEXETAIS, DÁ DE BEBER ÓS ANIMAIS E ABSTECE DE AUGA A VILAS E CIDADES.
Convídanos a face-la vida agradable ás persoas que nos rodean…Igualmente a ter consideración cos vexetais e co reino animal.
O RÍO REMATA A SÚA VIDA RELAXADO, TRANQUILO, SATISFEITO DE TER DADO O MELLOR DE SI.
¡Oxalá que á hora de partir poidamos mostrarnos tranquilos e satisfeitos de ter aportado o mellor de nós despois de gozar intensamente do mellor regalo: da vida
¿NON TEN QUE SUPERAR OBSTÁCULOS UN RÍO?
Claro que sí.
Non lle dan a elixir o lugar do nacemento, ten que sortear rochas, dar grande saltos, busca-lo lugar máis axeitado, convivir cos regatos que se lle van presentado, soportar con paciencia os residuos dos humanos e todo o que lle van botando ó longo da súa curta ou longa vida.
Pero o río segue aí, cumprindo a súa misión.

DO MESMO XEITO, OS HUMANOS TEMOS QUE IR:
-Sorteando obstáculos.
-Rexeitando os perigos que nos poida presenta-la vida.
-Soportar con paciencia as nosas limitacións e as dos outros.
-Perdoar a quen nos ofende e tamén a nós mesmos.
-E seguir…Seguir o camiño con optimismo.

“SEGUIR O CAMIÑO”
Este será o título do seguinte artigo.
De momento, só me queda dar grazas por tantas oportunidades como me deixa dado a vida; porque aínda que houbera que sortear moitos obstáculos, xa pertencen ó pasado. Agora toca : “seguir camiño”
¿Non lle parece?
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES