Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A xente nova merece respecto

jueves, 29 de junio de 2017
Cando eu era nena, educáronme para respetar en grao máximo ás persoas maiores.
Non me arrepinto de ter recibido ese tipo de educación; aínda que algunas persoas maiores, defraudáronme.

Andando o tempo chegou o momento de que eu son unha anciá e gústame que me respeten, claro que si.

Ademas teño que confesar que me satisface cando observo que persoas máis novas teñen certas consideracións comigo.
Pero…
¿Qué pasa coa infancia?
¿Qué pasa coa adolescencia?
¿Qué pasa coa xuventude?

Mimos e coidaddos, dámoslles moitos. A veces ata demasiados.
Tamén lles dámos moitos consellos; pero no tocante ó exemplo…
¿DÁMOSLLES O EXEMPLO QUE PRECISAN PARA A SÚA FORMACIÓN?
¿DÁMOSLLES BOS EXEMPLOS PARA O SEU PLAN DE VIDA?

Non digo que o fagamos con mala intención.
Seguramente a maioría das veces o facemos de maneira inconsciente.
¿CANTAS VECES FALAMOS O QUE NON DEBEMOS DIANTE DAS CRIATURAS?
Moitas. Deso dou fe porque o vexo a miúdo.

¿CANTAS VECES FACEMOS COUSAS QUE ESTÁN MAL DIANTE DA XENTE NOVA?
Se as persoas maiores cruzan a rúa por onde non deben ou cando está o semáforo en vermello, ou cando tiran os plásticos no contenedor do lixo…

¿De que vale que lle digamos ós nenos que hai que respeta-los pasos de cebra e que hai que recilar?
¿De que vale que lle digamos á rapacería que se comporten correctamente se nós non o facemos?
¿CANTAS VECES PERMITIMOS QUE A INFANCIA VEXA PROGRAMAS DE VIOLENCIA E DELINCUENCIA NA TELEVISIÓN?
Moitas, porque a verdade é que a veces dá a impresión de que a bondade non é noticia.

A infancia debe pensar que: roubar, atropelar, matar mulleres e outras barbaridades son cousas “normais”.

O que está claro é que se queremos un mundo mellor para todos, temos que ensinarllo ós nenos para que eles o constrúan.

Faltando ó respeto á xente nova, estamos destruíndo a nosa propia vida, porque moitos deles non van facer o que lles dicimos, senón os exemplos que lles dámos.
A XENTE NOVA MERECE QUE LLE DEAMOS BOS EXEMPLOS.
A XENTE NOVA MERECE RESPECTO.
¿Ou é que a xente miúda non ten dereito a levar unha vida digna?
Claro que o ten.

Se queremos que o mundo mellore; no hai mellor maneira de facelo que dándolles bos exemplos á ”xente miúda”.

As autoridades teñen moito que ver nesto.
Delas depende en boa medida a permisividade de según que programas televisivos, os horarios dos lugares de diversión, os currúculos escolares, etc, etc.

As autoridades teñen moito que facer; pero persoas normais como vostede e coma min, tamén podemos facer algo, como por exemplo:
-Ser ordenados.
-Falar con educación: pedi-las cousas por favor e dá-las grazas.
-Respeta-lo turno da palabra e no fila do súper, na do autobús, na das entidades bancarias...
-Cumprir cos nosos deberes como cidadáns á hora de “dar a Deus o que é de Deus e ó César o que corresponde ó César”.
-Ter moito tino co que dicimos porque a nosa lingua é moi dada a “andar á súa bóla”, sen decatármonos de quen nos está escoitando.
-Ser amables, serviciais e bondadosos.
-Levar unha vida ordenada e mil cousas máis.

No verán a infancia colle vacacións escolares e pasa moito tempo coa familia.
Esta ten un papel fundamental á hora de crear bos hábitos na súa descendencia.

O verán ofrece unhas oportunidades estupendas para disfrutar da infancia acompañándoa e orientándoa.

O verán ofrece unhas oportunidades estupendas para educar na vida de familia: cada membro no seu lugar e coas súas respectivas responsabilidades.

O verán ofrece moitas oportunidades para viaxar e contemplar a orde que mantén todo na natureza.

A natureza é unha escola excelente.
Aprendamos da natureza.
“APRENDENDO DA NATUREZA”.
Este será o título do próximo artigo.

Moitas grazas por todos os esforzos que deixa feitos por dar bo exemplo á xente nova.
Ela meréceo e vostede, tamén.
Ë o mellor para todos.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES