Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rumbo al Cairo

martes, 22 de mayo de 2007
Un vilalbés de outrora, acuñou a frase de “Rumbo al Cairo”, así en castelán, para referirse ó feito de largarse con vento fresco, cambiar de aires, ou tomar un camiño diferente na vida.

A semana pasada estiven en Exipto, e parte dela na capital, O Cairo, aínda que o feito – impactante- non significou cambio importante na miña vida.

Foi, de domingo a domingo, un aillamento total en canto á política local, xa que a única información que recibiamos chegaba por TVE internacional.

Irme “Rumbo al Cairo” significou unha limpeza da mente de xeito temporal, que recomendo ós que se sintan agobiados por unha campaña electoral que xa dura catro anos, na que tódalas armas valen, aínda que caia todo aquel que se atope no rumbo que alguén ten emprendido.

Os políticos deberían facer en algún momento algunha viaxe “rumbo al Cairo”, como quería o vello vilalbés, buscando camiños máis dereitos. Do contrario (veremos que ocorre o día 27), esa viaxe hacia ningunha parte pode ser emprendida por un sector cada vez maior do electorado que non sintoniza coas palabras e os feitos dos políticos profesionais.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES