Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A evolución continúa

jueves, 15 de junio de 2017
Habitualmente adoitamos dicir:
¡Como pasa o tempo!
E dicímolo hoxe e mañá, este ano, o ano que vén…
Pero…en realidade:
¿Pasa o tempo ou pasamos nós?

A min paréceme que pasamos nós.
Pasa unha xeración, logo outra e outra e así sucesivamente.
E CADA XERACIÓN DEIXA A SÚA PEGADA.
Cada xeración intenta mellorar en algo con relación á anterior.

Eso comprobámolo dentro da nosa propia familia: da xeración dos avós á nosa xahai moita diferencia.
¿Por qué?
Porque fomos evolucionando.
-Adquirimos máis formación.
-Conseguimos traballos máis rentables e mellor remunerados.
-Temos maior capacidade adquisitiva.
-Podemos levar unha vida máis cómoda.
En resumen: temos mellor nivel de benestar.

Afortunadamente a mente humana ten capacidade para crear cousas novas, para adaptarse a novas situacións, para evolucionar.
¿Cómo será o mundo dentro de vinte anos?
Imaxinámolo, pero no o sabemos con certeza.
¿Cómo era hai vinte anos?
¿Cómo é agora?
¡Viva a diferencia!

Fai uns días escoitei unha conversación sobre o consumo de carne de porco nas familias de baixo poder adquisitivo, que eran a maoiría das familias labregas de Galicia do século XX.
UNHA SEÑORA DICÍA: CANDO ERA POBRE…
A MIN CHOCOUME AQUELA EXPRESIÓN PORQUE TAMPOUCO PENSO QUE SEXA MILLONARIA E INTERVÍN:
-¿AGORA, ES RICA?
-NON, NON SON RICA, PERO A VIDA CAMBIOU MOITO, RESPONDEU ELA.
A CONTINUACIÓN, TODO O FATO ALÍ REUNIDO, CONCLUIMOS QUE HOXE EN DÍA VÍVESE MOITO MELLOR QUE FAI CINCUENTA ANOS.
Efectivamente.
¿Por qué?
Porque evolucionamos.

A vida seguirá evolucionando porque a xuventude sae mellor preparada cada día: aínda que sempre queda moito que enmendar.

Equivocados están aquelas persoas que din que tempos pasados foron mellores.
Tódolos tempos teñen as súas luces e as súas sombras.
Sempre houbo que loitar e sempre haberá que seguir loitando.
O feito de que teñamos máis comodidades, non significa que as novas xeracións non teñan que traballar duro aínda que sexa con máis medios e doutra maneira.
Dos adultos depende en boa medida a educación que lles inculquemos.
Deso temos que ser moi conscientes.

HOXE O MUNDO, AS NOVAS TECNOLOXÍAS, OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN…EDUCAN MOITO E A VECES TAMÉN MALEDUCAN; PERO A BASE DE TODO SEGUE ESTANDO –Ó MEU HUMILDE ENTENDER- NA FAMILIA.

Hoxe en día hai varios tipos de familia, pero sexa esta do tipo que sexa, non pode perde-lo norte.

Non hai ningún tipo de familia perfecta, aínda que haxa un modelo estándar na cultura cristiana que, normalmente, é a máis axeitada.

A infancia precisa un papá e unha mamá que teñan a cabeza no seu sitio, que prediquen coa palabra pero sobre todo co bo exemplo.
Pero…esto dos bos exemplas danme moito que pensar.
Por eso quero facer un comentario a parte sobre o exemplo que lle damos ás xeracións vindeiras.
”UN EXEMPLO CONCRETO”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Agradézollo desde o máis fondo do meu corazón.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES