Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Embotellando o botellón

miércoles, 16 de mayo de 2007
Gústanme os bos propósitos de Orozco en relación co botellón, as pintadas, os moteiros (se non os mencionou, lémbrollo), e outras agresións. Mágoa que non o fixese antes, pero esa ordenanza de convivencia e civismo fainos moita falla.
Non poder beber alcohol fóra dun local de ocio, como principio xeral pode parecer excesivo, e aínda lembro concelleiros lucenses nunha recepción en Raxoi, que saían beber ó balcón do Obradoiro. A publicidade desaforada, a mendicidade con ou sen menores e outras similares cuestións deben ser controladas de xeito que non interfiran na vida cotiá.
Ten vista Orozco. Sabe que o que nos interesa é o futuro, e que temos a memoria floxa. As asociacións de veciños de zonas da movida xa denunciaban nos programas da primeira TV de Lugo hai dez anos as molestias que sufrían polos excesos dos lucenses novos e festeiros. E desde aquel tempo a movida lucense atrae rapaces de toda Galicia pola súa vitalidade ¿e liberdade?.
Orozco plantéao como futuro. E convence, porque o pasado pasado está, e o que interesa é o que podemos mellorar no futuro “embotellando” o botellón.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES