Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festas dos avós

miércoles, 16 de mayo de 2007
En Galicia aumenta o número dos vellos, estes cada vez alcanzan maior idade, e en cada cita electoral votan. Por eso, son interesantes para os políticos que procuran mimar ó conxunto que sempre se pensou que votaban conservador ata agora que parece que votan tamén ós grupos que detentan o poder.

¡Cantas críticas recibiu Fernández Albor, ó que chegaron a alcumar “merendiñas” por participar en todo tipo de xantares e celebracións. E Fraga, por emocionarse nas concentracións de xente maior, que as administracións gobernadas polo seu partido organizaba.

Nada cambiou, e as festas dos vellos seguen a celebrase, independientemente do signo ideolóxico da organización.

Por centos seguen a xuntarse os nosos maiores, bailan ó son de agrupacións tradicionais ou modernas, xantan menús tradicionais do país, e reciben visitas de políticos entrañables que demostran querencia pola venerabilidade dos participantes.

Na precampaña abundaron as festas dos avós. Agora, sería demasiado visible. Pero os nosos vellos seguen a merecelo tanto coma antes. Agardemos que a claridade mental que lles supoñemos a todos os maiores lles permita obrar con total liberdade o día vintesete.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES