Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Décimo aniversario da Escola Municipal de Teatro de Vilalba

martes, 30 de mayo de 2017
Dcimo aniversario da Escola Municipal de Teatro de Vilalba Música, palabra, aceno... arte no hall do teatro.
Non son precisas tarimas, caixóns negros nin panos de veludo vermello.
Só facianas e voces, sentires profundos e bágoas e risos a eito.
O acto, único, por senlleiro;
as escenas, multiplicadas en espazos,
por sorpresa e suxestivas, abranguían un ambiente de festexo
no que as lembranzas campaban ao seu aire de memoria en memoria.
Canta amizade e agarimo! Cantas horas gozadas na mellor compaña!
Canta maxia...!
Cantos rostros ausentes e presentes
debuxados cos pinceis do agradecemento!
Cantas vidas dun "second life" contaxioso en cada nova tempada;
peza a peza urdindo a tea de Penélope, facendo e desfacendo,
mais medida xa en decenios.
Estreiteces, avatares, ditas, desgustos, aplausos,
nomes que van e que veñen,
que se achegan, que experimentan, que agora permanecen
dando consistencia ao que un día foi proxecto desexado.
Dende aquel seis do once do dous mil seis en que naceu para medrar,
día a día, despois dalgún aborto benquerido e bagoado.
Hoxe é presente xa maduro e será futuro con certeza!
Feliz aniversario, Escola Municipal de Teatro!
Lamas, María Xosé
Lamas, María Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES