Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nos Milagros de Saavedra

sábado, 27 de mayo de 2017
En tempos parecería incrible que igrexas e capelas do rural estean a sufrir unha plaga de roubos, que obrigan a convertilas en auténticos fortíns par impedir accesos non desexados.

E xa que ven de celebrarse o día grande dos Milagros de Saavedra, este santuario foi polo de agora o último en sufrir o ataque duns vándalos que conseguiron entrar de noite a pesar do reforzo metálico das robustas portas e doble pechadura de seguridade.

Sei que é moito pedir ao que non repara en reventar unha porta para roubar, que teña escrúpulos en acceder pola forza a un templo que cada ano visitan moitos milleiros de crentes ou non crentes, que representa algo importante para moitísima xente.

Atacar un templo coma este os días previos á súa festa, non cabe dúbida que é unha oportunidade económica, pero a min dame que pensar, e sei que o mesmo lle ocorre a moita xente. E saber que os ladróns levaron o diñeiro que os fieles depositaron nas boetas da Santa provoca repulsa, pero o que a min me afectou de xeito especial foi que roubasen dúas cadeas con medallas de ouro que lucia a imaxe da Virxe dos Milagros, e outras xoias da imaxe do neno Xesús. E non o sinto polo santuario nin, loxicamente, polas imaxes, senón pola xente que con fe, ilusión e desprendemento depósitou esas xoias nas imaxes pedindo quen sabe que remedio para que necesidade, ou agradecendo a solución dun problema que o viña preocupando.

Que pensará esa persoa crente, ou a súa familia, de que o que entregou con tanta ilusión, agradecemento e fe, fose roubado alevosamente hai unhas noites?

Está claro que estas cuestión materiais teñen amaño, que o diñeiro sustraído será compensado por próximas aportacións dos fieis hoxe mesmo…que as pezas de ouro da imaxe teñen un valor material, e a imaxe lucirá o mesmo sen elas, pero eu pensó na xente de fe que as regalou, e son os que foron roubados na súa inocencia, no seu desprendemento, na súa boa fe.

En tempos, no rural, había o costume de desexar que os que obtiñan un beneficio ilícito, mal gañado, o tiveran que gastar en medicinas. Non digo tanto, pero agardo que os que tal fixeron, de cando en cando, se paren a pensar a quen roubaron o que roubaron, ao mellor moito máis pobre ca eles.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES