Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un submarino alemán

jueves, 25 de mayo de 2017
A raíz da presentación do libro "Terradentro!, de Xosé Benito Reza, que ando empezando a ler estes días, e dado que a localidade onde suceden os feitos narrados polo divulgador científico centrado agora no papel de novelista, non deixa de ser unha admitida alegoría ideal da Celanova dos anos 50 na que o neno que el mesmo foi comezou a ver a luz da vida, uns amigos e máis eu teorizamos esoutro día sobre o feito en si de que as historias non teñen que ser asombrosas para elaborar un relato fermoso e interesante á vez, senón que hai historias do día a día das que a miúdo somos testemuños inconscientes e que, collidas por unha man habilidosa no tratamento da linguaxe, da praxe e da sintaxe, así como con capacidade para tecer tramas, son quen de conseguir elevar esas cotidianidades ó alto púlpito da literatura.

É dicir, finalmente concluímos en que calquera persoa coa que nos cruzamos pola rúa, sobre todo se se se acompaña da sombra dunha vida xa vivida, pode gardar auténticos tesouros capaces de elevar a singularidade cotián á universalidade literaria e os escenarios onde esas historias acontecen, a territorios certamente literarios.

Diso vai o "Terradentro" de Xosé Benito Reza, como diso foron no seu momento o "Retorno a Tagen Ata" ou o "Arnoia, Arnoia" de Méndez Ferrín, diso foi tamén o "Lobo guerrilleiro" de Bento da Cruz, creando o espazo singular de "Gostofrío" ou, o máis coñecido de todos, o "Macondo" de "Cien años de soledad" de García Márquez.

Cando remate a súa lectura continuarei con esta crónica, pero agora quíxena traer a xeito de limiar, porque ó fío desa máxima de que calquera persoa pode ser propietario dun patrimonio vital certamente literario, uns días despois da presentación do libro de Reza e ó día seguinte da conversa mantida cos meus outros amigos, fun testemuño dun caso práctico disto que digo.

Estaba eu na praza maior da miña vila cos responsables da unidade militar da Guardia Real que pernoctou en Celanova, cando un señor apoiado nun bastón iniciou con un deles unha conversa que, polo interese que o xove militar puña na escoita, intuín interesante, pero á que non me incorporei para non parecer un entrometido. Iso si, tan só ata que o señor se despediu, momento no que quixen saciar a miña curiosidade e lle preguntei qué lle contara.

Entón, mentres o home se afastaba paseniño de nós, o oficial, certamente sorprendido e sen ser coñecedor -loxicamente- das conversas cos meus amigos, díxome: "¡Caray! Cualquier persona con la que te cruzas por la calle puede tener una historia increíble. Me habló de sus tiempos de la mili y me dijo que había servido en un submarino. Pero no en un submarino cualquiera, sino en un submarino alemán”.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES