Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Listas impugnadas

miércoles, 09 de mayo de 2007
No País Basco, impúgnanse as listas que, a xuizo da Avogacía e Fiscalía teñen razoados indicios de estar vencelladas a un partido ilegalizado.

O PP, en Galicia, pola súa conta, impugna tamén 35 listas pero por estimar que non cumpren a letra da Lei de Igualdade que impón que mulleres e homes teñen que figurar dun xeito determinado nas listas electorais.

No do País Basco, parece estar moi claro o espíritu da oposición, e o desexo colectivo de que os violentos non teñan encaixe democrático con subterfuxios senón que a solución que se adopte sexa con luz, taquígrafos e consenso.

No que ás listas de Galicia se refire, moitos non han comprendelo por non parecer ter importancia, xa que a pesar de que a letra da Lei poida establecer porcentaxes e situacións, denunciar que as listas de determinados partidos levan mulleres e homes en proporción diferente, afectando ós suplentes moitas veces, non parece ter corpo abondo de discusión.

Se os propios membros masculinos e femininos deses partidos non protestan, buscar nesas minucias a anulación de listas parece un argumento menor a falla de outros de maior importancia.

Os xuíces xa se pronunciaron ou se están pronunciando. No País Basco, o tema vai moito máis aló das propias eleccións. No das listas de Galicia, o tema parece quedarse moito máis acó, nun reaxuste. E o resultado de que as listas acudisen algo desequilibradas á cita do 27 M so afectaría ós da lista pero non ó sistema.

Se estas impugnacións benefician ó sistema, pois vale, que veñan con ben, xa que dinamizan os mecanismos electorais. Aínda que algunhas reclamacións parezan ser auténticos brinde ó sol.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES