Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xa o dicía eu...

sábado, 20 de mayo de 2017
Nunca fun eu, deses que amosan satisfacción cando por un casual predín un suceso do tipo daquel mítico "Xa cho dicía eu... Vas caer...!", que nos dicían os nosos pais ou os nosos avós cando de nenos andabamos á presa polas rúas e xa tiñamos os fociños cheos de terra.

Nunca fun, repito, de me vanagroriar, nin de sentir o ego saciado -senón máis ben ó contrario-, cando me ten tocado atinar nalgún prognóstico pronunciado con suficiente e relativa antelación.

Se ben, neste caso, si que me gustaría volver a vista atrás e non para fachendear das miñas dotes de adiviño, senón para pechar a reflexión daquela.

Ven, este preludio, a conto, logo de ter lido hai algún tempo que o concurso de xestión da banda de música de Ourense quedara deserto e ler agora que vai ser reactivado mudando algúns preceptos que lle outorguen ó devandito concurso a singularidade cultural que ten o mesmo, pois, como escribín daquela, a xestión dunha entidade musical, como pode ser unha banda de música, non é equiparable administrativamente á execución dun alcantarillado ou ó servizo de recadación ou da limpeza das rúas, simplemente porque conceptualmente non son o mesmo.

Cando unha administración contrata un servizo técnico, de obras, etc., unha vez definido o concepto, descríbense unha serie de características concretas que describen o mencionado servizo e logo regúlanse unha serie de cláusulas que ten que cumprir o concursante para poder optar ó concurso e relaciónanse unha serie de conceptos en base ó que será computado o baremo para decidir qué empresa ou técnico é o máis acaído para executar o servizo ou o proxecto.

É dicir, con máis ou menos obxectividade é evidente que se pode redactar un documento que baixo fórmulas case aritméticas conclúan no mellor postor e sen que se sintan agraviados por elo o resto de concursantes, que sempre teñen á man, evidentemente, a posibilidade da reclamación ou do recurso.

Sen embargo, se ese mesmo concurso se pretende aplicar a un servizo cultural tal coma o dunha banda de música, loxicamente ó mudar o concepto, mudan esencialmente os alicerces que sosteñen a tramitación administrativa tradicional, pero velaí que cando se quere tramitar esa singularidade resulta que non hai sostén adminsitrativo singularizado porque, entre outras cousas, para o lexislador é moito máis doado redactar unha normativa única, ca redactar varias tendo en conta as casuísticas de concepto.

Sei que me puxen un pouco administrativista e que o asunto é lamaguento, pero ás probas me remito: Xa o dicía eu. Dotarse dunha banda de música permanente por concurso administrativo puro e duro, ven a ser como mercar unha talla de chaleco para toda a policía municipal e pretender que lle sirva a todo o cadro. É dicir un imposible.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES