Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe a D. Francisco Ron Sánchez, sacerdote republicano

jueves, 18 de mayo de 2017
Homenaxe a D. Francisco Ron Snchez, sacerdote republicano Don Francisco, sacerdote republicano, natural de Vilanova de Lourenzá, falecido en febreiro do 1974, vai recibir unha homenaxe dos seus alumnos do Seminario Menor de Vilanova, de veciños do Concello de Lourenzá e outros moitos seus simpatizantes, o día 27 de maio, no seu pobo natal, organizado por Paco Conde Núñez e outros.

Estes alumnos fano en representación de centos deles que polos anos 1950-1960 tiveron de profesor a este sacerdote, a quen sempre lembraron con admiración pola súa bondade paternal con aqueles pícaros que tiñan que aguantar a dureza disciplinaria de outros profesores coa escaseza das normas pedagóxicas humanas; mais nunca sospeitaron que Don Francisco fora defensor da II República e consecuentemente vítima.

A Homenaxe vai consistir nunha ofrenda floral no cemiterio de Vilanova; nun acto cultural coa presentación do libro DON FRANCISCO RON SÁNCHEZ sacerdote republicano feito coa colaboración de Jesús Bouza Rey, Francisco Ramil Acebo, Xosé Manuel Carballo, e o que escribe, contando co deseño da portada de Antonio Rivas Pol, todos eles discípulos do homenaxeado; e nunha obra teatral A LOLA a cargo do grupo “Avelaiña Teatro” de Pontevedra.

Todo partiu dunha reportaxe que publicou o diario La Opinión de A Coruña onde aparecía a famosa fotografía de Josip Ciganovic de Don Francisco co seu amigo Ramón Ventoso. Esta nova recolleuna Jesús Bouza e mandouna aos amigos e alumnos que fóramos do noso profesor. Ao recibirmos a nova comeza con entusiasmo deste grupo, xubiloso e case todos xubilados, o proxecto de coñecer a historia polo miúdo deste sacerdote singular e admirábel persoa, ben recoñecida ademais da xente do Concello de Lourenzá.

Don Francisco ingresa no convento bieito de San Clodio de Ourense, alí estuda a carreira sacerdotal e ao pouco tempo decide pedir a exclaustración. Comparte a ilusión da chegada da II República como membro dunha familia republicana. Sufre a represión franquista, imputado co delito de rebelión.

Agochado cos tres irmáns por medo ao terror na Galicia durante máis de dous anos. Mais non queremos adiantar coñecementos do percorrer político e eclesiástico durante estes tempos de represión tan longos na “longa noite de pedra”.

A organización espera compartir cos amigos e veciños de Lourenzá este día feliz na lembranza dun cura tan singular sobre todo solidario cos republicanos que sufriron persecución.

Esta historia de Don Francisco e do pobo poderán coñecela polo miúdo no libro devandito, DON FRANCISCO RON SÁNCHEZ sacerdote republicano.
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES