Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

S.O.S. Frescos dos Vilares

miércoles, 10 de mayo de 2017
Van xa dous anos desde que a Asociación Sociocultural Lareira de soños se reunira coa daquela titular de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Pilar García Porto. Anteriromente xa nos reuniramos cos anteriores responsables desa área. O motivo, a restauración das pinturas murais da igrexa de San Vicenzo dos Vilares. Pilar García Porto amosouse disposta a acometer esta restauración mesmo aclarou que podería ser en duas anualidades e nos informou que tiña visitado a igrexa coa alcaldesa. A Asociación presentou por rexistro un proxecto valorado e mesmo solicitamos os preceptivos permisos da parroquia, obispado e, pareimonio da Xunta adiantando asir prazos para a execución desa actuación, para a que sese concretarían cantidades no mes de outubro de 2015 unha vez aprobados os orzamentos provinciais. Pasados dous anos, a resposta a numerosas chamadas e correos electrónicos, e mesmo conversas con personal desa área foi o silenzo.
S.O.S. Frescos dos Vilares
A Asociación Sociocultural Lareira de soños ten realizado tamén un estudio do deterioro neses dous anos e o resultado é moi preocupante. Os frescos da igrexa dos Vilares, do seculo XVI e da autoría do Mestre do Parga, corren o risco de desaparecer si non se acomete con premura a súa consolidación e posterior recuperación. As pinturas, son un valioso ben patrimonial de dificil recuperación cando acadan un alto grado de deterioro, un camiño que emprenderon xa as dos Vilares.
S.O.S. Frescos dos Vilares
A Igrexa dos público Vilares (S. XII) conforma un conxunto único cos seus retablos dos seculos XVII e XVIII, o sartego ou o calvario e unha romaria dos desamparados emblematica en todo a Terra Chá e alén de Montouto. Un conxunto de grande interese na iconografía relixiosa, o patrimonio histórico e un ben turistico a preservar e potenciar.

A Asociación Sociocultural Lareira de soños reclama que se retome este asunto con celeridade pordos parte do ente Provincial e solicitará un encontro conactual titular de Cultura, o chairego Eduardo Vidal Baamonde ao que enviaremos un S.O.S. para os frescos da igrexa na que foi bautismado o poeta Díaz Castro e do queque agardamos un.maior compromiso que o obtido até agora.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES