Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día da Nai

viernes, 05 de mayo de 2017
As primeiras celebracións do Día da Nai remóntanse á antiga Grecia, en honor de Reha, nai de Júpiter (deus do Ceo). Os romanos chamaban á efméride A Hilaria, e tiña lugar o 15 de marzo, no templo de Cibele.

Os primeiros cristiáns transformaron as celebracións en honor da Virxe, a nai de Xesús, que mais tarde trasladaron ó mes de maio, por ser o tempo sinalado pola Igrexa para honrar de xeito especial á Nai de Deus, e por ser o mes das flores, pois é sabido que éstas contan cunha linguaxe propia e que con cada unha delas podemos transmitir unha mensaxe diferente.. Na maioría dos países europeos celébranse o primeiro domingo de maio; pero non en todas partes é o mesmo día, pois ademais de en EE.UU., tamén en Alemaña se festexa o segundo domingo, e nos países de Latinomamérica a data varía, a veces por motivos ben curiosos: Nicaragua, por exemplo, escolleo o día 30 de maio porque nesa data era o cumpreanos de Casamira Sacasa, que era a sogra de Anastasio Somoza, presidente daquel país na década dos 40; na Arxentina, o día sinalado é o terceiro domingo de outubro…

Mantemos na memoria o recordo dunha celebración especial en Foz no ano 1968.

Naquela data unha Asociación de Cabezas de Familia, que presidía Martín Jaureguizar, orgaizara a festividade cunha velada literaria no entón cine Cageao, ateigado de público, ó que asistiran os alumnos/as dos colexios do concello; acto que pechara o escritor e político da Republica, don Ramón Fernández Mato, que entón residía na nosa vila, coa brillantez do seu verbo florido e a súa simpatía: sen dúbida todo un broche douro para un evento no que as frores e poesía foran os elementos que deran vida ó acontecemento.Ó seu remate, membros da xunta directiva trasladáronse a Cordido para homenaxear no fogar á nai mais vella do concello: Basilia Alvarez Sáa, viuva, de 81 anos, nai de tres fillos.

O acto, pola súa singularidade e brillantez quedou moito tempo na memoria colectiva. Hai desto 50 anos.

(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES