Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Días pra todo. Tamén sen tabaco.

jueves, 04 de mayo de 2017
Os 365 ou 366 días que pode ter cada ano non chegan prás dedicatorias deses días, por iso na nosa casa decidimos ter polo menos tres almanaques colgados xuntos a ver se van cabendo. Normalmente son dedicatorias con finalidades comerciais ou consumistas, por exemplo: o día da nai ou do pai,e non tardarán en instaurar o do actual compañeiro da nai ou da compañeira do pai, e despois, o do compañeiro do pai e compañeira da nai, e asía ata o infinito.

Case todo o que é algo relevante vai tendo o seu día e non deixa de ser chocante que á Paz só se lle dedique un, o 27 de setembro, e a maiores a Igrexa Católica dedícalle a xornada do 1 de xaneiro.

Se non contei mal, ó cancro e as súas distintas ramificacións polo corpo humano dedícanselle uns 11 días. Todo será pouco se se cumpren os fatídicos prognósticos de que nun prazo curto morrerán por culpa del un de cada dous homes e unha e de cada tres mulleres. Xa hoxe fálase de que é causa da morte de 6.000.000 de persoa cada ano.

A palabra cancro aínda segue sendo un pouco tabú, e iso que xa é ese bicho noso compañeiro de camiño. A min xa me visitou tamén e levou consigo a larinxe coas súas cordas bucais e de momento podo dicir que “tiven” cancro. Mañá non sei se reaparecerá o mesmo, ou aparecerá outro novo a estrear. Pero por pronunciar o seu nome non virá nin deixará de vir, a non ser que deamos por boa a tese de Don Álvaro Cunqueiro de que ó pronunciar o nome dunha cousa exercemos certo poder de atracción sobre ela e por iso, moitos galegos non din raposo, senón o golpe, o outro, ou alfonso, como se chamaron tamén moitos reis de Castela.

Ben, pois un día que, sen ser directamente contra o cancro, éo, segundo din, contra unhas das súas causas principais terá lugar o próximo 31 de maio. Día Mundial Contra o Tabaco, así decretado pola Organización Mundial da Saúde (OMS), coa fin de poñer de releve os riscos asociados co tabaquismo e de avogar por políticas eficaces pra reducir o seu consumo. A campaña pra este ano, 2017, preséntase co lema: “O tabaco, unha ameaza pró desenvolvemento (desarrollo)” .

Despois de ler todo o que se di en relación co tema e que calquera pode consultar en internet, volveu a virme á mente aquel principio polo que me rexín durante moitos anos e que era: “Prefiro equivocarme algún vez por confiar ca atinar sempre por desconfiar”. Parecíame que vivir en permanente desconfianza tiña que ser un vivir en angustia permanente, mentres que equivocarse algunha vez era transitorio. Ós 41 anos esnaquizoume este principio un avogado do Estado con apelido de peixe non caro, que ademais ameazoume con exercer as accións legais a que houbese lugar en dereito…, bla, bla, bla, por dar a entender en voz alta que mo esnaquizara.

Veume á mente, pero fun incapaz de volver a el e, consecuentemente, paréceme que detrás deste lema do día mundial sen tabaco deste ano, coma de moitos outros lemas e institución tamén andan solapados intereses consumistas.

Están moi documentados os ataques ó tabaco e un pouco máis disimulados os que apuntan ós principais países produtores: China, Brasil, India, Estados Unidos, Argentina, Indonesia, Turquía, México, e aló en décimo lugar Cuba, en contra do que moitos cren.

Nin unha palabra referente ás familias que viven da produción, recolección e elaboración do tabaco. E sobre todo, absoluto silencio no referente á inxente cantidade de produtos canceríxenos e aditivos que as autoridades sanitarias consenten que se mesturen co tabaco elaborado pra fumar, nin unha palabra referente ás tenebrosas multinacionais tabaqueiras que explotan a pobres traballadores, envelenan a poboación e teñen gran influenza mesmo nas campañas de eleccións de presidentes, caudillos, líderes e adalides de protección de tódolos dereitos no mundo mundial e, por suposto, nos Estados Unidos de América do Norte.

Moi pouco se di dos impostos directos e indirectos que sacan os Estados mediante a forza violenta da adicción, nalgún casos superior á heroína, ós que fomos ou son consumidores. Si, se fala do caro que resulta sosternos despois de consentir, mirando pra outro lado, que nos apodrenten. Nin media palabra dun sitio que eu sei que incentiva a médicos da Inseguridade Social se receitar pouco e, podendo ser nada, e pola contra, amoesta e reprende ós que receitan por riba dun tope e así dáse o caso dun doutor sen un pelo de rubio que se nega a cambiarme a prótese fonatoria, a pesar de que non é a da medida adecuada, está rota e filtra líquidos pró pulmón co correspondente risco de pneumonía e da saúde en xeral.

Ou dito doutro xeito: Estábame matando e cabréase porque non lle dou as grazas, e vai vociferando que parece mentira co moitísimo que fixo por min a consultas de outros médicos, nun son de voz que permite ser escoitado por cantos agardan consulta. Curioso xeito de gardar o secreto profesional e de cumprir o Código Deontolóxico médico dimanante do Xuramento Hipocrático.

Xa postos, paréceme que cabe unha preguntiña: Por que en varias provincias, Lugo entre elas, non temos os operados de larinxe dereito a logopeda? Por que, por exemplo na Coruña ten logopeda a Asociación Española contra o Cancro (AECC). As viaxes non se fan gratis e obre todo ó principio en que teñen que ir polo menos dúas persoas e ademais o primeiro que che insinúan é que debes facerte socio coa correspondente cota.

Xa sei, ou iso me dixeron, e se estou equivocado que me desmintan, que a AECC percibe do Estado só o equivalente ó 5 por cen do seu presuposto de funcionamento. Barato paga os silencios o Estado pra non esixir, reclamar dereitos e defender.

Tamén estou disposto a pedir perdón, facer penitencia e emendarme se a palabra hipocrisía resulta desmesurada.
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES