Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 03 de mayo de 2017
Pola ruta dos escornabois

Quixen coller o ruta dos escornabois, pero non me quedou outra que navegar polo río que non levaba auga. Hai ríos que durante certas épocas do ano non levan auga. O río Aí Vou non leva auga. Por iso non entendo para onde vai. Mais morto o conto, logo de navegar por el, acouguei debaixo dun castiñeiro que alguén me quixo contar que non era tal, que era un amieiro. Por suposto que non lle fixen caso! Coma se eu non soubera o que é un castiñeiro!; todo forte, e rexo, e inmenso, e, co tempo, oco por dentro. Uff, mira que non me metía eu de rapaz dentro Pingas de Orballodeses castiñeiros vellos! Por certo, o que me quixo enganar coa clase da árbore, díxenlle que mollase os pés no río que non leva auga. O moi paspán miroume de mala maneira! Pensaría que, como ía mollar os pés se non había auga. Pero, eu que sei, iso xa son cousas del, xa é un problema seu. Lanceille un sorriso traidor, ou retranqueiro (xa non sei moi ben), erguín e, por esta vez, si fun pola ruta dos escornabois.

No día do libro

No día do libro a xente asomou polas redes sociais coas típicas felicitacións e desexos dun bo día á beira, por suposto, dun libro. Eu recoñezo que tamén puxen algo, é máis, puxen isto: "O mellor desexo deste día do libro é coller un e poñerse a lelo. Eu téñoo enriba da mesa e mentres se prepara a muller para ir tomar o cafeciño domingueiro, vou a abrilo pola páxina 266 e a seguir...". Iso fixen. Ó volver do cafeciño seguín de novo con el ata que me chamaron para xantar. Logo da típica cabezada ou pequena sesta que me gusta botar, baixei para a rúa para seguir lendo andando, unhas veces, e sentado nun banco, outras, ata que o rematei. Subín para a casa, tombeime na cama e, zas, iniciei xa a lectura dun novo libro de case 700 páxinas ata que chegou a hora do clásico. É dicir, gran parte do día lendo; o que entendo que é a mellor felicitación ou celebración deste día tan importante. Tamén entendo que souben compaxinar o fútbol coa cultura. Pódese, vaia se se pode!

Moeda ó aire

O Silabario Bendito dubida entre coller á dereita pola pista da Lama ou das Pedradracas ou seguir de fronte pola estrada que vai a Os Milagres. Queda parado un bo cacho. Dá un paso para un lado. Dá un paso para o outro lado. Opta por botar unha moeda ó aire. Botouna con tanta forza, tan arriba que temos tempo para dicir que O Silabario Bendito non é outro que Filemón Garrido Cangallo. Ninguén sabe de onde lle veu o de Silabario. E menos o de Bendito, porque de Santo, Filemón non ten moito. Mais tampouco imos quitarlle a conduta, é dicir, poñelo coma unhas nabizas. A ver!, chega ben con que sexan os veciños os que saiban de que pé coxea, polo que tampouco é para pregoar os defectos de Filemón. Quen non ten carencias? Pois mira que tarda en caer a moeda! Este Silabario... Aínda nos vai caer a nós na cara. Por se acaso ímola vixiar, non vaia ser o demo. Aí vén! Aí vén! Aí vén! Chapouna ó voo. Mirou e viu que saíra cara. Pero claro, cal sería o desexo do Silabario Bendito? Debeu dicir: se sae cara, collo á dereita. Porque o noso amigo púxose a andar cara ás Pedradarcas. Boa viaxe, Silabario.
Pingas de Orballo
Actuar de oficio

Acabo de ver pola televisión, por dúas veces, unhas imaxes dun presunto afeccionado do Betis golpeando en Bilbao a unha persoa porque si, porque lle deu a gana. Había tres mongoloides (non se merecen outro nome) actuando nos feitos: o que zoupaba, o que se ría e o que gravaba desde un móbil. A Ertzaintza xa sabe quen son, pero seica non poden facer nada porque o golpeado non denunciou. Manda truco en Baños de Molgas! Ó mellor non denuncia pois, por exemplo, por medo (xa sabemos que o medo é libre) ou porque non quere verse envolto en tales barafundas. Pero hai certas actuacións, certos actos nos que, aínda sen delacións, a fiscalía tiña que actuar de oficio e meterlle un castigo exemplar a eses energúmenos, incluso meténdoos no presidio. Primeiro meténdolle man á economía de cada un (que é onde máis nos doe) e, logo, a polos a rezar de xeonllos na praza da cidade ata que se quedaran sen nos ósos. É que se non se lles fai nada, volverán actuar. Polo que dicían, creo que o atacante xa actuara máis veces. Así, normal.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES