Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fortuna de Díaz Castro

martes, 02 de mayo de 2017
Este maio é un eco daquel Mes das Letras dedicado ao poeta de Guitiriz, Díaz Castro.

Aquel dito de que o día das letras é a ocasión para que a rutina soterre ao autor escollido, aquí non funcionou. Multiplicanse as chamadas a Xermolos para ir dalo a coñecer nas distintas comarcas, e a maioría é xente moza, quizais porque son as artes e o amor as que nos fan soñar e crer na utopía, tan necesaria neste tempo de crise e desalento social. Emocións que estivemos a compartir estes días no Cafe concerto Sete frores e no Cineclube do Carballiño, e asemade na Taberna da República do Couto Mixto de Compostela, xa camiño doutros seráns poéticomusicais coma o IV Tangaraño Cultural en Xunqueira de Ambía ou a Festiletras de Ponteceso.

Xermolos, que tivo que loitar para descubrir ao poeta no seu berce nos anos oitenta, arestora disfruta espallando a súa emoción a cachón, afastados da retórica oficial que non motiva á mocidade nin ás crianzas, pero sí está a valorar coma a engaiola a obra dalguén que asinou o derradeiro verso con este berro: “a beleza feriume para sempre”.

Nos seráns que vivimos no Carballiño e en Compostela impactounos que un autor clásico xa en vida alternase con tanta fortuna coas vangardas e performances máis atrevidas nas artes de hoxe, ao tempo no que cantautores coma Leo i Arremecághona interpretaban: “Terra Chᔠde Darío Xohán Cabana, ”Penélope” de Díaz Castro, “A Terra Chᔠde Radio Océano, “O Carro” de Manuel María,,,, á par da Nova Poesía Guitirica.

Xermolos agradece nestas convocatorias que a xente moza corresponda ao entusiasmo do poeta cando acudía cada xornada á súa biblioteca ou animaba conversas coas nenas e nenos, os seus interlocutores preferidos no Campo da Feira e na rúa. De feito, o que converte a un creador en inmorrente é a súa capacidade en provocar infinidade de interpretacións e lecturas da súa obra, coma o rap de David Gómez en “A lus do mundo” do Ies Poeta Díaz Castro.

Esta Asociación propuxo coma metas do 2017 colaborar ao Ano de Patrimonio recoñecendo a riqueza natural e artística de Guitiriz e a Terra Chá, e nesta liña tamén visualizar a importancia dos colectivos socioculturais no comunal das nosas aldeas e vilas coa iniciativa “Das Irmandades da Fala ás Asociacións Culturais”, o que está levando adiante con estas actividades por todo o país.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES