Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No primeiro de maio, descansar

martes, 01 de mayo de 2007
O poder, sea material ou inmaterial, Estado ou Igrexa, esta ahí, sempre presente. E tal día coma hoxe notamos de xeito especial a súa influencia. Primeiro de maio, día da clase traballadora, festa do traballo, San Xosé Obreiro, demostración sindical.

En tempos non tan lonxanos, a festa do traballo, de San Xosé artesano ou obreiro, reunía na capital das Españas a centos de deportistas concentrados en demostración física que fose parangón coa situación idílica do mundo do traballo.

Logo veu o cambio, xurdiron os sindicatos libres, lembrouse que o primeiro de maio naceu arredor dunha data luctuosa, como festa conflictiva para reclamar melloras para o mundo laboral.

Melloraron as condicións xerais do país, descubríronse as pontes vacacionais, o primeiro de maio transformouse nunha ocasión de lecer, e as manifestacións sindicais son pouco máis que folclore nunha xornada festiva na que se honra ó traballo descansando.

Pasou o mesmo co Día das Letras Galegas, festivizado para quitarlle forza, motivo de vacación, honrando as letras co abandono das aulas.

Estamos no primeiro de maio, todo pechado, todo festa, reclamando dereitos para os obreiros coas fábricas en deacanso, cos obreiros de ponte. Todo un contrasentido. Pero estamos en tempo de lecer, e non podemos ser menos. No primeiro de maio, o primeiro é descansar. Logo, xa loitaremos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES