Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia, máis barata?

miércoles, 02 de mayo de 2007
As novas, interesadas case sempre, sucédense cada día. Despertámonos unha mañá para saber que Galicia é a comunidade na que máis se encareceron os pisos o último ano, para pouco despois enterarnos de que o freo inmobiliario chega ó precio do solo, que mesmo chega a baixar en Lugo e Pontevedra.

E de repente a Ocu, Organización de consumidores e Usuarios, fai un estudio entre as diversas capitais de provincia, e sálelle que Lugo e Ourense, con Zamora, León e Cuenca son as cidades máis baratas de España para facer a compra diaria. E que Galicia, xunto con La Rioja e Castilla-León, é a comunidade onde se merca mellor.

O que ocorre con estes estudios é que non poden ser considerados de xeito individual, como valores absolutos, senón que hai que relacionalos con outros. Posiblemente, os precios son inferiores porque os ingresos son tamén inferiores a outras autonomías. O resultado, comparando ingresos e gastos, sería válido. Así non.

Galicia é máis barata, de acordo. Os precios de Galicia son máis asequibles que os doutros lugares. Posiblemente, os que corresponden ós ingresos. Galicia, máis barata, pero non por eso viven mellor os galegos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES