Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Asociación de Acordeóns de Cedeira

sábado, 29 de abril de 2017
Summa cum laude

A Asociación de Acordeóns de Cedeira
A última vez que quedei con vós aquí en Galiciadixital foi co paragrafeo, de certo livián e “esvaecido”, sobre o concerto que os Intérpretes Infantís da Asociación de Acordionistas de Cedeira deitaron para os alumnos do Colexio Franciscanos na súa igrexa de San Francisco de Coruña o día 20 deste mes. Vale. Está ben. Hoxe quero, coa venia, achegarvos algo de documentación e curriculum da devandita Asociación, penso que unha “escola-viveiro” de referencia en Galicia no mundo do acordeón: instrumento do que non sei case nada, a non ser que os fiadeiros que de pequeno eu vía e escoitaba no meu pobo de Outomuro os animaba o acordeón do Ferrador da Seara e que cando viñan os quintos das outras aldeas a tallarse ó Concello, que estaba ó pé da miña casa, chegaban eles en fraterna xolda empoleirados no teito do coche A Asociación de Acordeóns de Cedeirade liña tódolos anos animados polo mesmo acordeonista e o seu instrumento de cores bermellos e blancos e fol negro. Logo meu padriño agasalloume un, que el comprara cando se mancou en Suiza para tentar así de matar as horas mentres non sandaba. Isto é o que eu sei sobre o acordeón… E que vaia por diante. Logo escoitei algo de F. Angelis, de Petar Maric e de Kepa Junquera. Pouco máis…

E vai tamén agora o meu cambio de rexisto:
A Asociación de Acordeóns de Cedeira (ACC) é una entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 2013 coa finalidade principal de poñer en valor o acordeón, tanto como instrumento solista como en formacións de varios acordeóns ou en agrupacións pluri-intrumentais, a través de: a súa difusión, afondando no coñecemento e nas súas potencialidades musicais e a través da formación de acordeonistas, a organización e participación en eventos, mesmo de carácter internacional, que xiren arredor do acordeón, mesmo coa intensificación de contactos con asociacións similares, e tamén coa intención de crear redes de intercambio e de mutuo coñecemento, que trascendan ámbitos locais e dean pulo a este instrumento. Máis: estimular á composición musical para acordeón.

Comenta seu presidente José Antonio Leonardo (Cuxa). E engade:
Esta asociación nace da parte acordeonista da Asociación Cultural Robaleira dende o ano 2002. Na actualidade conta con máis de cen socios e está legalmene constituida e rexistrada como asociación cultural nos rexistros oficias do Concello de Cedeira e da Xunta de Galicia, etc, etc...

E segue Cuxa: esta Asociación forma parte da Directiva da Escola de Música Vila de Cedeira, onde o acordeón é un dos instrumentos que, con máis peso específico, está incorporado ó curriculum das ensinanzas semi-regradas que aquí se imparten. Aulas que contan con máis de 20 alumnos de diferentes idades e niveis.

Estas clases están dirixidas todas elas, desde a data fundacional e sen interrución nin descanso algún de labor e éxitos logrados, baixo o maxisterio (maxistral, engado eu) do profesor Javier Díaz Carrasco. Os alumnos que acuden, aprenden, fórmanse e interpretan son da propia vila, de Viveiro, de Origueira, de Valdoviño e comarca. Non só reciben leccións de acordeón, senón tamén de formación musical complementaria para os acordeonistas, como poden ser cursiños de improvisación ou de expresión corporal.

Como resume do curriculum musical desta asociación e como remate do seu labor cultural e o posto no ámbito musical de arestora en Galicia, compre debullar polo miudo os referidos éxitos acadados nos últimos anos en diferentes acontecementos nacionais e internacionais ós que acudiron. Velaquí:
2002: 1º posto Categoría Infantil no Certame de Acordeón de Arrasate.
2003, 2004 e 2005: 1º posto no Concurso Nacional de Torrelavega, Categoría Infantil.
2004: 1º posto Categoría Varieté junior no Certame Nacional de Acordeón de Arrasate.
2005: Campeonato Mundial de Acordeón en Washington EE.UU, destacada participación do campeón de Varieté.
2005: 1º posto Categoría Campeonato Ibérico de Acordeón de Amarante- Portugal.
2006: Participación na Exhibición de Acordeón de Finlandia
2010: 1º posto Certame Nacional de Acordeón de Arrasate Categoría Orquestra.
2012: 1º posto Certame Nacional de Acordeón de Arrasate, Categoría Orquestra de Cámara.
2013: 1º posto Categoría Orquestra de Cámara Certame Nacional de Arrasate.
2014: Festival de Acordeón Nacional de Arrasate na Categoría de Orquestra de Cámara, 2 e 6 medallas de ouro en diferentes categorías.
2014: Certame Nacional de Acordeón de Arrasate, 1º posto Categoría Infantil.
2015: 1º posto na Categoría Músicas do Mundo no Festival de Castelfidardo, Italia.
2016: 1º posto Categoría Xuvenil no Concurso Internacional de Acordeón de Alcobaça, Portugal.
2016: Certame Nacional de Arrasate, 1º, 2º e 3º posto Certamen Nacional de Arrasate Categoría Infantil.
2016: 1º posto Categoría Junior Certame Nacional de Arrasate.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES