Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día do Libro 2017, en Vilalba

jueves, 27 de abril de 2017
Este pasado domingo, 23 de abril, celebramos na Casa da Cultura de Vilalba, ao igual que sucedería noutros moitos lugares, o DÍA DO LIBRO. Celebrar o Día do Libro é enxalzar a palabra, é respirar a fragrancia dos sentimentos, é sentir murmurio lento da vida.

En colaboración coas Concellarías de Cultura e Educación, na edición deste 2017 organizáronse dúas actividades que eran novas, e que, talvez, por esa circunstancia provocaron unha certa reticencia na participación da cidadanía, sen esquecermos a paréntese do período de Semana Santa. Con todo, a xente que nos acompañou na xornada dominical amosou satisfacción pola temática atraente das citadas actividades propostas. E dita actitude positiva incitou en nós como entidades convocantes o desexo de que en edicións vindeiras emendemos os erros cometidos desta volta co gallo de que a participación da xente vaia medrando en número.

Xa centrándonos na información referente ás actividades, dicir que no I CONCURSO LIBRO, CÁMARA E ACCIÓN, desafortunadamente só foron dous os vídeos presentados. Daquela, catro dos seis posíbeis premios ficaron desertos.

Aínda así, os membros do xurado, composto por Yolanda Purriños, María Xosé Lamas, Chema Felpeto e Patricia Teijeiro, en calidade de secretaria do xurado con voz e sen voto, decidiron outorgar os seguintes galardóns:

Primeiro Premio, consistente nun Ipad de última xeración, para o vídeo Razones para seguir viviendo realizado por Paula Rodríguez e interpretado por Óscar Rodríguez. Este vídeo está baseado no libro homónimo de Matt Haig,

Finalista, consistente nun lote de libros de Carlos Casares, para o vídeo titulado Producións O Carballo presenta: A vaca que puxo un ovo, creado por Andrea Paz Balseiro, Manuel Crende Balseiro e Alba Balseiro Traveso.

En canto á actividade UN LIBRO POR UNHA CITA, foron varias as persoas que tentaron descubrir o título e o autor dos libros presentados e perfectamente envoltos cunha cita dos mesmos na parte exterior do envoltorio. Debendo engadir que esta actividade xerou un especial entusiasmo.

Finalmente, como administrador de Culturalia GZ, quixera parabenizar a todos/-as os/as premiados/-as e dar as grazas aos participantes en cada unha das actividades e animalos a continuar colaborando nestas e outras actividades, co desexo de que se sumen máis en futuras edicións do Día do Libro. Nas grazas anteriores tamén quero incluír aos anteriormente citados membros do xurado pola súa tarefa deliberativa.

E non vou rematar sen estender o meu agradecemento ao Concello de Vilalba, en concreto ás Concellarías de Cultura e Educación, representadas nas persoas de José Antonio Pita e Patricia Teijeiro, respectivamente, por contar con esta weblog e comigo para que se acheguen iniciativas que favorezan a progresión da cultura vilalbesa.

Un libro, un sentimento, unha vida.
Maseda Lozano, Martiño
Maseda Lozano, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES