Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moito temos que aprender

jueves, 27 de abril de 2017
Que a vida é unha auténtica escola de aprendizaxe, sabémolo todos.
Tódolos días estamos aprendendo.

E cando aprendemos unha cousa nova que nos impacta, ata nos felicitamos dicindo:
“¡Anda!
¡No te acostarás sin saber una cosita más!”

Con todo e con eso, se tiveramos que facer unha confesión; o noso maior pecado seguramente sería o pouco que sabemos; é dicir, o moito que ignoramos.

Ou dito doutra maneira:
O moito que temos que aprender de todo e de todos.

Non é precisamente que teñamos que aprender máis ortografía, máis matemáticas ou máis idiomas, etc, etc… aínda que eso tamén e canto máis mellor.

Temos moito que aprender para xestionar adecuadamente a nosa propia vida.
E non me refiro soamente a nivel económico ou cultural ou social…
Temos moito que aprender a tódolos niveis: físico, psíquico, persoal, social, cultural, emocional e –sobre todo- espiritual…

Concretamente:
-Saber alimentarnos adecuadamente é unha asignatura pendiente para moitas persoas neste momento da historia que nos toca vivir.

Non resulta nada doado porque por unha banda a sociedade de consumo; métenos as cousas polos ollos.

E por outra: unha alimentación natural hoxe en día é algo pouco menos que imposible.

-O nivel de vida multifuncional que todos levamos dentro e fóra do fogar, tampouco favorecen unha vida sosegada a nivel psíquico.

-A “revolución” política e social da actualidade, tampouco deixa ver con claridade o camiño que máis nos convén.

Se ben é certo que gozamos de máis medios que nunca; tamén é ben certo que o labirinto da vida é máis complicado que nunca.

-A crise de valores leva consigo consecuencias moi desafortunadas.
A vida espiritual témola moi abandoada.
Poderíamos preguntarnos:
¿Quen complica o labirinto da vida?
¿Onde está o complicador?

O descomplicador que a descomplique, bo descomplicador será, como dicía un trabalinguas da miña infancia.
Pero se nos paramos a pensar un pouco:
Complicámolo nós mesmos.

Gústanos botarlle a culpa ós outros, principalmente ós gobernantes, pero todos temos algo que ver en maior ou menor medida:

-O noso ego non nos deixa ver con claridade.
-O noso ego está cargado –máis ou menos – de envexa
-O noso ego está envolto nunha capa máis ou menos visible de soberbia e lévanos a facer cousas que nunca deberíamos facer; pero facémolo moitas veces.

¡Canto manda en nós o noso ego!
E… ¡Qué mal habituado o temos!
E o que é peor:
¡QUE POUCO TEMPO DEDICAMOS A EDUCALO!

Se nos decatáramos que o noso ego poder ser o maior inimigo, seguramente lle dedicaríamos máis tempo.

Pero co ritmo de vida que levamos, dedicar tempo a educar o noso ego, pasa desapercibido en moitas ocasións.

O noso ego ten moitos caprichos.
O noso ego ten moitas rarezas.

O noso ego é moi dado a pasar por alto todo aquelo que esixa sacrificio, esforzo, privación…en ver no noso ollo a viga que levamos dentro.

Concluíndo:
Quédanos moito por aprender; pero Roma non se fixo nun día.

Cada persoa ten o seu proceso vital.

Cada persoa ten dereito a seguir o ritmo que lle marca a súa propia cabeza; aínda que este sexa erróneo.

Xa din alí que cada un ten que desenganarse na súa propia cabeza.
Por eso a evolución humana vai tan lenta como vai.
A veces damos un paso para adiante; pero outras imos para atrás.
A min encántanme a persoas que avanzan.
¿A vostede, non?
Supoño que si.

“PERSOAS QUE AVANZAN”
Este será o título do seguinte artigo.

Polo que a min toca, neste intre, párome a pensar:
No moito que me queda por aprender e como podo aproveitar os recursos dos que dispoño e as persoas estupendas que me poden axudar.
Graciñas por estar aí.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES