Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cazatalentos

lunes, 24 de abril de 2017
Cando unha cazadora non acerta un tiro, non é cazadora, porque ou ben non ten can, ou non observa o rastro, ou non vale para nada disto, será máis ben unha actriz talentosa que desenrola un personaxe de ficción ou ben unha soñadora que se levanta pola noite absorta das realidades coas que se atopa, debendo tomar pílulas para durmir despois de quedar abraiada do soño-realidade que a espanta.

Así deus me salve, como que os verdadeiros cazadores do erario público e tamén privado son os seus amiguetes aos que defende coa escopeta ao lombo e disparando tiros pola boca, que xa dan idea da súa valía como cazatalentos do roubo e da ignominia, da soberbia, da mentira e doutras lindezas que un se cala, verbigracia cando a talentosa fala do seu amigo Nacho González ao que lle dedica máis tempo dicindo que se resulta ser mentira, pobre home!, cantas vai ter que pasar! polo que del din e . . . pensen vostedes o que queiran.

Non sei se a cazatalentos vai dimitir, pero creo que xa vai sendo hora de que nos diga que non vale para a política nin para cazatalentos, aínda que si é unha gran cazadora de ras que nos contos se transforman en princesiñas encantadas, mais aquí convírtense no que son, ras, que viven na lagoa alodada e fedenta da corrupción política admisibel nun país no que todo vale.

Señora cazatalentos, onde vive vostede que non ve as ras?, concretamente arredor de 1300 ras procesadas por cuestións políticas e cazadas nas charcas con engados de flores nos anzois xudiciais que nos están salvando destes cazatalentos da política aos que nunca cuestionamos e que intentan vendernos a moto dicindo que todos os políticos son iguais, utilizando a pancarta do medo e a da igualación dos desiguais, e no medio de todo isto, bicos, moitos bicos, sorrisas, bos traxes, moita alegría e a responsabilidade vai de vacacións na comunidade de Madrid, onde a señora cazatalentos mira para o outro lado, pero iso si, tratando sempre de que a sanidade e a educación sexan privadas; outro atentado ao pensamento cidadán da maioría de españois e da xustiza, que menos mal, non se atopa de vacacións aínda que lles poñan trabas, achiquen tempos e retiren medios.

Sra. Cazatalentos, disolva vostede o partido xugando a partida ás damas para pensar ao mesmo tempo na súa partida e da partida de indesexables que vostede cazou como se fosen Rato(s) que roen os cartos que os cidadáns de ben aportamos ao queixo xusto do erario público.
O seu sempre afectísimo.

Xosé Otero Canto
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES