Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Irrefutable

jueves, 20 de abril de 2017
De cando estudaba física (e mesmo lóxica matemática, xa que logo, os principios elementais da física teñen moito que ver cunha interpretación lóxica dos feitos) quedoume un pequeno substrato sobre as diversas teorías demostrativas para explicar moitos asuntos da vida cotián que nos abordan e que adoitan extraer conclusións irrefutables, por máis que nun primeiro parecer, ou a simple vista, semellen un tanto ilóxicos.

Unha desas técnicas é a denominada demostración por inducción, que ven a dicir que se un determinado caso -matemático ou non- cumpre unha determinada fórmula, tódalas variables posibles que se enmarcan nesa fórmula, deberían cumprírense tamén.

É dicir, por poñer un exemplo tanxible e un tanto infantil, se as vacas barrosas, por ser vacas, dan leite, as cachenas, as caldelás e as frisonas -incluso as vacas sagradas da India- por seren mesmamente vacas, dean máis ou dean menos, darán tamén leite e o que non darán nunca é licor café.

Pois ben, baseándonos neste principio "irrefutable" da lóxica, voume meter entre a canella e utilizar un argumento, que penso irrefutable, para desdicir ós -e ás- que poñen en dúbida o dereito a alzar a voz e evidenciarmos o que de seu é xa evidente, ou sexa, que despois de cento once anos de actividade, a Real Academia Galega non conte con ningún ourensán entre os trinta académicos de número que ten.

Vexamos, entón: Se a presencia dos membros da RAG na institución non deben atender a unha consideración subterritorial de nación, dado que Galicia na cuestión do idioma é un ente unívoco (cousa que, como todo o mundo sabe, non é certa), como ente social unívoco tampouco debería ter en consideración a cuestión de xénero. Velaí a primeira contradición que chirría, logo de que, como tamén todo o mundo sabe, foi ese un debate -por outra banda lóxico- que se abriu hai uns anos e que aínda boga por babor.

E, se seguimos a mesma lóxica demostrativa por inducción, velaí cómo, en consecuencia, se me antoxa a min a seguinte cuestión: Se a provincia de Ourense non conta con ningún académico de número e iso debería ser irrelevante para o correcto funcionamento da devandita institución, -repito- por inducción lóxica, de se dar o caso hipotético que no canto de ser a provincia de Ourense fose a provincia da Coruña a que non sentase a ninguén nos bancos corridos do número 11 da rúa Tabernas herculina, tampouco ninguén debería ser quen de erguer a voz. Non si?

Feito o enunciado, e sen metérmonos en argumentos funcionais de meirande calado, chega, entón, a pregunta final de rigor, ou -seguindo símiles matemáticos- o corolario ou, coma quen di, a conclusión: Vostede cre, sinceramente, que de terse dado este hipotético caso non levariamos meses -ou anos- escoitando propostas correctivas para solucionar tamaña disfunción?
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES