Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Chaira, un rural de cinema

jueves, 20 de abril de 2017
O rural, está a cobrar protagonismo por algo máis que o despoboamento, o peche de explotacións, a proliferación de eucaliptos, os incendios, o abandono ou o envellecemento da poboación. Ademáis do dramatismo destes devalo negativo, as nosas parróquias, a recuperación das súas tradicións, a sua história, as súas xentes, son unha fonte inesgotable de argumentos e guións cinematográficos que xeran en Galicia numerosos festivais co rural de fondo e que son hoxe referentes no país e alén das fronteiras. Pequenas mostras e festivais como a “Invernada de Cine”, a mostra de documentais “Enxergando o País” de Lugo, etc..., ou outras xa de caracter internacional como o coñecido Festival de Cans, o Play Doc de Tui, o de curtas de cinema rural Carlos Velo ou o MICE de Compostela, imprimen unha identidade propia e descobren produccións galegas equiparables a cinemas doutros lugares do planeta partindo da etnografía como esencia dun novo cinema galego. O audiovisual rural galego, tan nóso, amósase como un grande surtidor de creatividade que compensa a escaseza de medios e que ao mesmo tempo traslada desde ese micro mundo das parroquias unha linguaxe universal. Na Terra Chá, ademáis de dar ao mundo audiovisual nomes tan importantes e coñecidos como a académica e profesorea da USC Margarita Ledo, os irmáns Coira ou os actores Xosé Barato e Luís Tosar, o director de televisión Manuel A. Espiñeira, ou o montador Antón Figueira entre outros, aportamos xoias documentais do mestre Xulio Xiz ou “O instante eterno” do cineasta Xosé Antón Cascudo sobre o poeta Díaz Castro. Numerosas curtametraxes, a última de grande difusión, “A Chave de Bascuas” do mozo Bruno Pena. Contamos co Festival de cinema de música de Roca e os amigos do Castiñeiro Milenario de Begonte andan a preparar tamén unhas xornadas cinematográficas. Ramiro Ledo é un dos impulsores desa novísima, novidosa e exitosa proposta do NUMAX de Compostela e un grupo de rapaces inquedos de Meira, Gaitafilmes, crearon o festival M de Meira coa asociación do mesmo nome. As propostas audiovisuais desde centros escolares como o IES de Guitiriz da man da inqueda profesora Sandra Tenreiro, xa premiados en varias ocasións, son habituáis neste xeito actual de comunicar. O último éxito, un documentario, Entrar aos Vilares, do músico e xornalista de orixe chairega Cibrán Tenreiro, pensado como complemento dun libro de Pastora Veres, estase revelando como un producto con vida propia percorrendo a xeografía galega con numerosas proxeccións e que ademáis foi seleccionado entre as 15 películas finalistas da 12 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico MICE, optando tamén ao premio de mellor documental galego con dous filmes moi premiados, Esquece Monelos e O Moredo, a resistencia do enteoido ribeirao. Compite tamén ao premio do público, o que representa xa un éxito para esta modesta producción da Lareira de soños que prepara xa outra curta documental arredor da figura do polifacético Armeiro de Berulfe. A Terra Chá, fundamentalmente rural, non deixa de producir nomes de persoas e filmes ao mundo do audiovisual galego e internacional máis actual desde o corazón da terra, convertíndoa nun xigantesco plató de rodaxe, porque a Chaira é, un rural de cinema…
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania