Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A relixión e súa utilización política

miércoles, 19 de abril de 2017
Recen pasada a chamada “Semana Santa” na que un país case se paraliza para festexar uns aniversarios de tradicións nunha fe que, dubido moito, sexa maioritaria na práctica e seguimento, se teña que manifestar na forma e maneiras en que se fai neste Estado Español, paso a enumerar algunhas incomprensións para quen, no seu dereito, non está de acordo no uso desmesurado da relixión coma obxecto turístico e político imposto a todos os que vivimos baixo un paraugas constitucional, que di que este Estado é “aconfesional”.En todos os meus anos vividos fora, nunca vin semellante imposición á cidadanía que aquí se palpa e ve tódolos días por parte dunha igrexa católica que pensa e obra, que a moral e as normas de convivencia son da súa exclusiva propiedade. Pra empezar, sei de boa tinta, que nos Países Baixos están prohibidas as manifestacións relixiosas de fe na vía pública, en forma de procesión dos seus santos e santas polo marcado mensaxe dramático que infunde ás crianzas. Iso aquí, parece que ninguén o ten en conta ou, non será motivo suficiente para estragarlle a “festa” a tantos pais e nais que, moi devotos, conforman unha e outra cofradía ao longo e ancho de toda a península. Sobre todo, ¡porque é tradición!.

Resulta…, que ca famosa “abstención” do P.S.O.E. que permitiu que goberne o P.P. este, vendo difícil que a oposición chegue a inquietalos verdadeiramente, empoleirouse nos seus atributos e liñas ideolóxicas: “somos franquistas, e non o ocultamos; o nacional-catolicismo é o noso credo, e temos o dereito de impoñelo”. Sen expresalo abertamente, isto é a acción que día si e día tamén estamos a observar e padecer sen que se inmuten o máis mínimo: lei mordaza pra os que se “alteren”, cárcere ou ameaza dela para quen ouse ofender “sentimentos” relixiosos…, millóns a esgalla para o clero católico, inmatriculación de bens públicos para a Igrexa Católica, a ensinanza dun país, en mans e control dun clero relixioso na súa maior parte, un poder económico ramificado en múltiples sectores controlados por o clero, televisión pública ao seu servizo porque non lles chega a privada súa que o Estado subvenciona, propaganda masiva en tódolos medios, públicos e privados dunha semana que é para tremer e pensar que isto non vai acabar ben algún día, aos feitos de Sevilla me remito. ¡Qué difícil escapar ao medo que se está a inocular na mente das criaturas…, e demais adultos!, ¿non vimos 40 veces polo menos, nas televisións, a uns rexos militares cantar con enerxía e movementos marciais, as estrofas da “noiva da morte” que ignorábamos, e que tristemente nola ensinaron cantándoa ante nenos e nenas afectados de cancro?, ¡dan medo!. ¿Qué formas son estas de ensinar o franquismo?, ¿qué dramatismo relixioso, ensinado a bombo e tambor adobado cun ocultismo tipo Ku-Klux-Klan?, ¿qué é isto…, fe, devoción, festa, tradición, negocio?, ¿é necesario todas estas manifestacións, algunhas raiadas no absurdo e extremas, para conmemorar uns feitos que nin sequera se poden demostrar coma certas, levadas á calle e dándolle rango de “interese turístico internacional”?. Reflexo aquí o dito nun Twit por un personaxe que se fai chamar Dios,(@diostuitero): “La única razón para creer en la religión, es porque llevan miles de años haciendo dinero”. ¿Se acerca ou se alonga da realidade esta manifestación?.

Penso, que o feito relixioso e a fe que moitas persoas teñan, é unha cuestión privada e moi particular, dos sentimentos, máis que das verdades ou mentiras que nos transmiten os representantes das relixións, e que esa fe e práctica relixiosa, se debe levar con sinxeleza, sen grandes fastos e suntuosidades porque, de seguido, pásase á adoración e ao negocio…, que se ve e observa en toda relixión de masas.

O respecto na diversidade de pensamentos e crenzas é necesario nunha vida común en sociedade, pero este respecto, non se pode confundir ca imposición desas crenzas e pensamentos aos demais, sobre todo, ás criaturas novas que non posúen as capacidades analíticas necesarias do que se lle inculca, ca pretensión, de conformar soldados que sumen potencia aos egos persoais de acaparar poder e benestar.
Ávila Soto, Federico E.
Ávila Soto, Federico E.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania