Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 19 de abril de 2017
Escoitando un álbum

Estou escoitando o álbum "Cosmopoly", de Andreas Vollenweider e a verdade é que relaxa abondo. Ás veces incluso tanto que penso que vou flotar. O que demostra que a música é unha arte máis que marabillosa. Un tema pode poñerte frenético e o seguinte tranquilizarte. Cun tema podes bailar pegadiño e co seguinte choutar como as cabras e sen vir a conto. Un tema musical pódelo escoitar coa conciencia tranquila e o seguinte pode a carraxe subirche polas entrañas. A música amansa ás Pingas de Orballoferas. É verdade. Pero tamén é certo que pode converter a un nun salvaxe con catro metais e moitas ganas de desbocarse. Tamén se ten dito que cada momento ten o seu tema musical ou algúns temas musicais teñen o seu momento. Poida que si. Hai momentos nos que a música non pode ser outra que catro baladas ben cantadas ou catro trompetas ben tocadas. En "Cosmopoly" reina a tranquilidade nesta noite de primavera na que os seus temas relaxan o meu corpo logo dun día de moito bregar, de moito labrar.

Imos alá

Veña, imos alá. A dicir o que non se ten que dicir. A mirar o que non debemos mirar. Se digo que chove, minto. Porque vai un sol do carallo. Se miro para as plumas do paxaro que vai de carballo en carballo, seguro que son as patas dunha bolboreta que pousan sobre unha coíña do camiño. Veña, imos alá. A sentarnos no valado dun tempo que xa non volve. A bambearnos nunha galla de castiñeiro que o tempo converteu xa nun esquelete natural. Porque o tempo pasa e todo cambia. Ata cambiamos do lugar no que estamos para o que imos. Veña, imos alá. Imos imaxinar que estamos en Siria e que catro bombiñas de nada caen porque teñen que caer, porque as mandan caer. Imos imaxinar que estamos en Estocolmo e que un Fittipaldi de merda altera o vivir de moitos que non saben de que vai o conto. Imos imaxinar que a vida é o que é e que non queda outra que vivila, estando quietos ou en movemento continuo. En principio, hai que moverse. Imos alá.

Asesoramento sobre a saúde

Quéirase que non case todos os días se atopa un na prensa con algunha noticia que chama poderosamente a atención, e fóra xa dos, chamémoslle, circuítos políticos ou deportivos, que creo que son os que máis se seguen. O outro día atopeime con que o 60% dos galegos buscan pola Internet asesoramento sobre a saúde. Case me entra a Pingas de Orballorisa! Porque non precisan da Internet! Que me consulten, que se dirixan a min. Que se empezas a tusir: dous traguiños de auga da burga de Baños de Molgas e quedas coma novo. Que se tes unha ferida, por exemplo, dunha fouce: colocas a ferida baixo o cano da burga de Baños de Molgas e deixas que a auga quente limpe toda a infección. Faino nun chiscar de ollo. Que se tes reuma: uns baños coa auga da burga de Baños de Molgas, e ó pouco corres máis ca un galgo. Asesoramento pola Internet. Que Internet nin que rabo de gaitas! Auga da burga de Baños de Molgas e xa verás como non morres nunca.

A maldade na bile

Seguen as noticias analizándose como cadra, ó mellor desde unha soa perspectiva, cando a realidade nos leva por outro carreiro da análise, do entendemento. Alguén lanzou a pregunta de se hai violencia no fútbol ourensán. Claro que hai violencia! En calquera lugar!; non só en Ourense. En calquera deporte ou actividade! Porque a violencia non está no fútbol, nin no recreo, nin en calquera outra profesión ou actividade, sexa deportiva, cultural, política, social, artística, etc. A violencia. amigos meus, está nun mesmo, na persoa, no ser humano. Pelexamos nunha sala de plenos, na casa, diante de cativos, diante incluso da propia policía. A violencia está nas nosas entrañas ou asaduras, na podremia que temos no fel. E non hai deporte nin actividade nin familia nin ostras en vinagre que nos free. As bombas estouran porque alguén as tira. Nós estoupamos porque nos empurrou un xesto, unha actitude, unha simple palabra, un sorriso burlón. E rebentamos porque levamos a maldade na bile.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES