Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: a espléndida Coral

martes, 18 de abril de 2017
Tense por certo que a música e a poesía son as mais sublimes formas de expresión dos sentimentos; a relación entre ambas é tan próxima, que a segunda represéntase por unha lira, que é instrumento musical; e dise tamén, universalmente aceptado, que a voz humana é o medio armónico por excelencia para a interpretación das dúas formas estéticas.

De ningún outro xeito o individuo pode transmitir, de maneira mais persoal, íntima e persuasiva, a mensaxe envolta na beleza que encerra a obra poético-musical de autores e intérpretes . A música traza imaxes ideais; é compañeira na ledicia e bálsamo na dór.

O canto grupal é unha das expresións xenuinas da alma dun pobo; é un dos ámbitos onde se posibilita a participación expresiva e creativa: Pitágoras afirmaba que a harmonía da música templa e amansa os estados de ánimo; ou sexa, que ten influencia sobre os afectos…

Esta breve divagación ven a conto por glosar un feito histórico do noso pobo, que ten que ver cos conceptos expresados: efectivamente: hai pouco mais de 25 anos, sen apenas precedentes , producíase o achegamento ó mesmo. O primeiro director do colectivo, ata o seu pasamento, fora o ribadense Antonio López García, de moi grata lembranza.

A continuidade no timón estaba garantida na persoa de Carmen Alonso. Ela, muller de sólida bagaxe cultural; ampla formación musical, dinámica e de acusada personalidade , situou a agrupación na mais alta cota da súa historia, digna de codearse coa elite coral da nosa terra, como acabamos de constatar no concerto que, con ocasión da XIV Semana da Música “Xosé Alonso” celebrou o pasado día 8, no marco único da Basílica de San Martiño.

Alí, de xeito maxistral, as 32 voces que a forman, interpretaron composicións de Beethoven, Bortnianski, Gounod e Haendel; actuación da que destacamos sobremaneira tres momentos que se correponden co “Ave María” de Tomás Luis de Victoria, “Lascia Ch ío´Pianga”, de Haendel e o remate apoteósico co fermoso poema de Manuel María,”O Carro”, armonizado por M. Angel Vigo.

A concurrencia, que enchía a igrexa, prorrumpíu en emocionada e longa ovación, premiando a brillante labor.

O cronista, que o presenciou, comprácese en felicitar a todos e cada un dos componentes, na persoa de Carmen Alonso, a directora excepcional; primeira razón de ser do extraordinario historial da espléndida Coral Polifónica de Foz.

(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES